Opinión

Sanitarias contra Feixoo

Se Feixoo perde -que así sexa!- parte do mérito ha ser das profesionais (maioría mulleres) mobilizadas contra as súas políticas na trincheira da sanidade pública.

Foi o sanitario o ámbito onde con maior dureza o PP aplicou a política neoliberal, dende a privatización da alta tecnoloxía á caída do investimento en Atención Primaria -área que menos favorece o negocio sanitario- ou a precariedade da investigación biomédica.

Coa crise, o persoal sostivo a sanidade pública con sobreesforzo, ante a non cobertura de baixas,  as restricións na taxa de reposición e a precariedade laboral, pois a eventualidade no Sergas chega ao 40% en especializada e 28,1% en primaria. E aínda lles quedou enerxía para a denuncia.

Nin aplausos nin bonos: as sanitarias precisan un Goberno que as dote de estabilidade laboral, medios e recoñecemento profesional.

Comentarios