Opinión

Rebrotes e votos

Feixoo suspendeu as eleccións anulando o decreto de convocatoria sen reverter a disolución do Parlamento, repuxo o Goberno en pleno, tivo os medios públicos ao seu servizo, sen poder lexislativo en plenas funcións, nin sequera as de control, escolleu a data para novas eleccións sen garantías sanitarias claras e sen tempo suficiente para organizar o dispositivo e o voto por correo, cun persoal, o de Correos, escaso, explotado e que sufriu moitos contaxios.

Agora, cun rebrote na Mariña e centos de persoas confinadas, sen que a Xunta divulgue os datos por municipios, imos votar nun clima de inseguridade e medo expoñendo a cidadanía a contaxios.

Feixoo non xestiona, o seu é facer oposición ao Goberno central e as súas decisións non atenden ao interese xeral senón a buscar o mellor posicionamento político en campaña. Hai que botalo. 

Comentarios