Opinión

Un orgasmo electoral?

P ercíbese gran cabreo cun PP que puxo o interese electoral sobre a saúde, ademais do estourido de mobilizacións cidadás acumuladas que fartaron de vez deste desgoberno.

Sería orgásmico e un revulsivo para o pobo galego un Executivo alternativo con gran presenza ou mesmo liderado nacionalista, pero apenas sería clímax pracenteiro e osixenante se non se acompañase da urxente e dura tarefa de repensar o modelo enerxético e industrial na crise climática, definir un modelo de equilibrio territorial, reorganizarse as xentes nacionalistas que non cabemos nun só contedor orgánico, escoitar dende o goberno e non intentar disolver os proxectos cidadáns autoorganizados na sanidade, no ensino, no ecoloxismo ou na loita por servizos sociais públicos.

Mañá saberase se hai Goberno do cambio, que ha ser plural ou non ser, como o futuro político do país. 

Comentarios