Opinión

Nervios

Feixoo semellou nervioso no debate porque, sendo en directo, tivo que conter as ganas de responder no clásico estilo chulesco e demagogo que usa no Parlamento, o cal se pode permitir xa que, seguidamente, os medios públicos e concertados "se lo afinan".

Pensaba o presidente vir a un paseo triunfal, organizado pola canle pública a sete bandas para maior gloria do seu argumento descualificador da oposición como "multipartito", e saíu coa imaxe dun dirixente esgotado e con medo tanto aos resultados da esquerda como ao que poida rabuñar a ultradereita de cara descuberta.

A imaxe de moderado e xestor eficiente que ten nos medios estatais, sexan de dereita ou progres, non cola na Galiza desta década de desmantelamento do estado de benestar, control mediático e agresións medioambientais para beneficio de empresas amigas.

O emperador quedou espido

Comentarios