Opinión

Ladróns á vista

Xusto cando Abanca pasa exorbitadas comisións polas contas de aforro "á vista", o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza condena a Xunta por ocultación de información ao Parlamento en relación aos informes "técnicos" que supostamente xustificarían a fusión das caixas. É obscenamente habitual a falta de transparencia da Xunta e a vulneración do dereito á información das deputadas, pero no asunto da Comisión de investigación sobre as caixas o secretismo semella máis colaboración do Goberno co latrocinio e o espolio do aforro galego de moitas décadas.

Cando se formulou a fusión das caixas galegas economistas como Beiras e Vence alertaban da súa probable bancarización e fuxida do país: iso foi o que pasou, levando, ademais, 10.000 millóns de euros públicos dos que 90% non se recuperaron, ademais do millón de euros tirado no informe de KPMG. Son ladróns á vista.

Comentarios