Opinión

De novo, Reforma?

Tras o Franquismo aprendemos que democracia si, pero só ata o límite da unidade de España, do cuestionamento da Coroa ou da intervención pública na economía ao servizo das maiorías. A esquerda fora derrotada, pero o modelo do 78 estaba en crise antes do 15-M, chegando ao cume en 2014, coa loita antidesafiuzamentos, a abdicación real, a derrota do bipartidismo nunhas eleccións ou a consulta sobre o futuro de Catalunya.

Agora, o aparato do PSOE preferiría unha vitoria de Feixoo e Urkullu o 12 de xullo para ter interlocutores supostamente moderados (ademais de na dereita españolista) en dúas nacións históricas cara ao consenso da nova Transición. Pero só hai dúas saídas para gobernar o Estado: ou gran coalición ou dereito de autodeterminación e votación sobre a Monarquía, unido á obediencia ou non aos ditados de Bruxelas. Fagan a escolla.

Comentarios