Opinión

A familia

“Galicia é unha familia”, di o argumentario do PP, “que sae unida das crises”, obviando que unha nación con institucións propias – por cativas que señan – non é unha economía familiar que deba axustarse, senón unha sociedade con desigual reparto dos recursos que a administración ten obriga de redistribuír coa política fiscal e que pode endebedarse.

Detrás da retórica familiar agochan facer pagar á maioría social a factura da crise financeira – a da COVID agora -, alén de describir un xeito patrimonial de entender o poder, diseminando partidariamente contratas, autorizacións empresariais ou nomeamentos de cargos de xeito que, efectivamente, Galicia é unha familia: a de Feijóo e compañía, beneficiada dos recursos comúns.

Fronte o relato do xestor eficiente, a realidade da administración condenada por tratos de favor á “familia”.

Comentarios