Opinión

Ensinar as tetas e non depilarse: inventos modernos

Es que no es higiénico que una mujer no se depile. 

Despois de tantos anos lendo e interesándome polo feminismo, a veces plantéxanseme dúbidas sobre se algo é machista ou non. Cóntovos o meu truco, que consiste en facerme a seguinte pregunta: é o mesmo para home que para muller? Se non o é, entón é machismo. 

Outro día falarei da confusión entre ser muller e ser feminista (que pola mesma entón nós poderiamos dicir que ser home é sinónimo de ser machista, algo que sería moi inxusto habendo tantos homes feministas), e de que cando algo parece un privilexio para nós coma non pagar entrada nun local tamén é machismo e que as feministas non nos prestamos a elo. 

Mais hoxe quero falar de -nomes en facebook- Rita Haywort e Lu Cohen. Estas dúas admirables rapazas publicaron o seguinte texto na nomeada rede social: Era una calurosa tarde de verano en Ourense (aquí calurosa son 40° a la sombra, para que os hagáis una idea). Entusiasmadas en nuestra tarde libre decidimos ir a la piscina (a la pública, que no tenemos un duro para la privada). Todo iba a pedir de boca (sitio bueno para aparcar, toalla a la sombra, poca gente alrededor y la piscina medio vacía) pero OH! (redoble de tambores). En cuanto nos metimos al agua unos chicos muy majos vestidos de rojo con una bonita inscripción de socorristas en la espalda nos dijeron "oye, para meteros en el agua tenéis que llevar bañador" (al principio creímos que en un lapsus, debido a una lipotimia, nos habíamos metido desnudas, pero no! Se refería a la parte de arriba del bikini!). Ni cortas ni perezosas les dijimos "en las normas que están escritas en la puerta no pone nada" (no sabían ni de que normas hablábamos, esta gente trabajará aquí de verdad?). Tras echar un vistazo alrededor y cerciorarnos de que algún que otro especimen masculino tenía más pechonalidad que nosotras, asumimos que se trata de otra norma machista en la sociedad en la que vivimos. Será que los pechos femeninos poseen algún tipo de poder maligno que hace daño a la vista dentro del agua? (Porque ya nos recalcaron que fuera del agua no había problema). Nos gustaría que si hay alguna especialista en la sala nos explicara cuál es el elemento de la tabla periódica que impide que el pecho femenino entre en contacto con el agua (no queremos poner en peligro la seguridad de lxs bañistas). Os dejamos la foto censurada (en las redes sociales también hacen daño los pechos femeninos). Nos refrescaremos en nuestra ducha libre de imposiciones patriarcales. 

Feminancy 02 rita e lu foto publicada no faceA min sempre me fixo moitísima gracia que a unha muller que leva saia se lle diga que “ensina as pernas” ou que a outra que fai top less (o top less fano todos os homes cisxénero que coñezo) tomando o sol se lle diga que “ensina as tetas”.

Por que un home na praia non se cubre as súas tetas con una camiseta ou un top? Por que unha muller se debe cubrir o seu peito? Por que hai homes paseando por xardíns sen camiseta, pero se unha muller o fai é escándalo público ou busca que a violen?

Tampouco entendo por que os homes poden ter calquera corpo, feo ou bonito, pero ninguén pide que se tapen. Sen embargo, as mulleres estamos expostas a todo tipo de críticas, tamén polos nosos peitos se non os cubrimos nos mesmos contextos nos que os homes non cobren os seus. No caso de Rita e Lu, houbo ata algún neandertal (e algunha tamén) que se permitiron o luxo de valorar os seus corpos, os seus peitos e incluso o feito de que na foto se vise (oh Deus!) unha axila non depilada. Que iso non é hixiénico! Porque, debe ser que os homes non teñen bastante máis pelo en todo o corpo ca nós... Calificámolos entón a eles de porcos, tendo en conta que a grande maioría non se depila? Que iso non é estético... Coma se a estética non fose unha construción social... Señores, señoras, vivimos na era da información, usádeo e lede algo antes de abrir a boca para dicir estupideces! 

Volvendo ao tema e rematando, as mulleres non ENSINAMOS nada. Porque para que eu vos ensine as tetas tería que chamar a vosa atención sobre elas, incluso podería preguntarvos a vosa opinión sobre elas, a vós ou ao resto da praia. Pero non, non fago iso. Simplemente me quito a parte de arriba do bikini porque, tonta de min, nunca pensei que as miñas tetas fosen sucias, provocativas, que busquen violacións ou que deba tapalas mentres vexo que os homes non tapan as súas. 

Así que esta é a cousa: mentres eu “ensino” as tetas, pervirto, son unha depravada ou me expoño a todo tipo de críticas e valoracións sobre o meu corpo que eu non pedín, o home tumbado na toalla do lado simplemente toma o sol tranquilamente.

Nota: a fotografía que acompaña este artigo é a das rapazas ás que alude a autora. Publicámola co seu permiso.

Comentarios