Opinión

USC: cómplice de homofobia

Parece que o colectivo LGTBI estamos destinados a sufrir unha persecución continua e sen tregua, incluso cando denunciamos que esta existe e, pese á evidencia dos feitos, ninguén nos escoita.

Parece que o colectivo LGTBI estamos destinados a sufrir unha persecución continua e sen tregua, incluso cando denunciamos que esta existe e, pese á evidencia dos feitos, ninguén nos escoita.

"O colectivo LGTBI estamos destinados a sufrir unha persecución continua e sen tregua, incluso cando denunciamos que esta existe e, pese á evidencia dos feitos, ninguén nos escoita".

Poderiamos falar de varios exemplos desta dura realidade, posto que é algo que se repite día a día, como ben refliten varios informes policiais publicados pola Cadena SER nos que se pode ver como o colectivo de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais é o máis perseguido en todo o Estado. Aínda así, hoxe é mellor falar e centrarnos nun caso particularmente escandaloso: o da Universidade de Santiago de Compostela.

Todas e todos coñecemos o caso do profesor de Maxisterio Infantil da USC Domingo Neira, o profesor que, nas súas aulas, impartía leccións de odio nas que afirmaba, por exemplo, que a homosexualidade era “un vicio”, que os homosexuais “non podemos educar porque a nosa condición é contaxiosa” e que “a sociedade estaba enferma por someterse ao “lobby gay”, entre outra serie de leccións misóxinas recollidas na súa obra “Didáctica para el Crecimiento Socio-Personal”, o cal obrigaba a mercar aos alumnos e alumnas das súas materias.

O escándalo foi denunciado polo estudantado e por unha serie de organizacións políticas, chegando así a abrírselle un expediente e a non permitirlle dar clases ata que este fora concluido. O que a sociedade non sabía era que, unha vez máis, a xustiza iba ser obviada e o expediente iba ser gardado nun caixón para permitirlle así a este señor volver a dar clases, non só a novas xeracións de futuros profesores e profesoras, senón tamén á mesma xeración que denunciou os feitos que levaban producíndose anos e anos.

"Só podo esperar do alumnado da Facultade de Maxisterio que sigan dando a batalla contra tal inxustiza, porque a enfermidade de verdade é a LGTBIfobia"

Eu son alumno da USC, e persoalmente sinto vergoña de selo, xa non só polo continuo asoballamento da institución aos estudantes con novas Normativas de Permanencia e precariedade sistematizada, senón porque agora teño que tolerar que a miña universidade, a de todas e todos, unha universidade pública, tolera e deixa impune a LGTBIfobia. Iso si, o 28 de xuño a USC fai  declaracións en defensa dos dereitos LGTBI, pero é que non basta con papeis, aquí o que ten peso son os actos, e xa quedou claro de que parte está a universidade e o novo reitor, Juan Viaño Rey.

Só podo esperar do alumnado da Facultade de Maxisterio que sigan dando a batalla contra tal inxustiza, porque a enfermidade de verdade é a LGTBIfobia, non ao revés.

Comentarios