Opinión

Así vai o proceso escocés

Dentro de seis meses o pobo escocés decidirá si o seu país debe de ser independente. Ao entrar nesta etapa crucial do proceso, os sinais indican que a campaña está xirando a favor do Si. Finalmente, o optimismo está a dar bos resultados e a independencia está captando a imaxinación dos escoceses. En contraste, a negatividade da campaña do Non volveuse tediosa. O argumento positivo a favor da unión segue a ser ambiguo e cada vez máis dos votantes indecisos están a descubrir que quizais tal cousa non exista. 

Dentro de seis meses o pobo escocés decidirá si o seu país debe de ser independente. Ao entrar nesta etapa crucial do proceso, os sinais indican que a campaña está xirando a favor do Si. Finalmente, o optimismo está a dar bos resultados e a independencia está captando a imaxinación dos escoceses. En contraste, a negatividade da campaña do Non volveuse tediosa. O argumento positivo a favor da unión segue a ser ambiguo e cada vez máis dos votantes indecisos están a descubrir que quizais tal cousa non exista. 

 "O optimismo está a dar bos resultados e a independencia está captando a imaxinación dos escoceses. En contraste, a negatividade da campaña do Non volveuse tediosa".

En consecuencia, a opinión pública estase a desprazar paulatinamente desde o Non cara o si nas enquisas. En novembro, sen considerar aínda indecisos, o promedio a favor da independencia era do  38%, e xa en febreiro alcanzaba o 42%. Durante o mesmo período o apoio á unión caeu desde o  62% ao 58%. Nas dúas enquisas publicadas en marzo até agora, a tendencia segue notándose: Si 45%, Non 55% e Si 47%, Non 53%. A dianteira dos unionistas parece cada vez máis precaria e calquera esperanza dunha vitoria rotunda case desapareceu. 

Moitos  escoceses son unionistas por defecto e non por convicción, así que era moi probable que a campaña se desenvolvera desta maneira. Así, en 2011, a pesar das demandas dos unionistas por un referendo lóstrego, o recen  reelecto goberno do SNP logrou aprazalo até o outono do 2014. Os nacionalistas necesitaban tempo para construír un movemento independentista de base, transmitir a súa mensaxe a través de vías alternativas aos hostís medios de comunicación principais e convencer a un público,  instintivamente escéptico, dos méritos da independencia. 

"A pesar dos intentos dos activistas pro-unionistas e os medios de comunicación de retratar a independencia como unha causa perdida, as probas claramente indican algo diferente". 

Desde entón, o movemento de base a favor da independencia tomou voo. Milleiros de persoas mobilizáronse ao longo e ancho do país, creando no proceso un mundo socio-político completamente novo. O xurdimento deste xigantesco movemento social desminte os intentos de retratar o referendo como a ‘obsesión’ persoal de Alex Salmond, o Primeiro Ministro Escocés. É  máis, o alcance e a intensidade dos últimos acontecementos fixeron que a independencia se convertera social e politicamente nunha demanda política de primeira orde. No caso dun triunfo da opción Non esa exixencia será ineludíbel a longo prazo. O panorama político escocés revolucionouse e as expectativas constitucionais aumentaron irrevogablemente. 

Por outra parte, os unionistas fallaron en entusiasmar ao público escocés. No seu lugar, dependeron de políticos sen carisma, fieis ás elites británicas e xefes empresariais para explicar os seus argumentos a través dos medios de comunicación. A eficacia inicial desta estratexia está declinando, xa que a xente se está esgotando de que se lle sermonee e trate con condescendencia. Tamén a campaña do terror e os discursos autodespreciativos nacionais empezaron a socavar a seriedade da causa unionista. A líder dos laboristas en Escocia, Johan Lamont, asegurou hai pouco  que ‘non estamos xeneticamente programados en Escocia para tomar decisións políticas’. Clásica ironía británica? Desgraciadamente coñecémola ben.  

A pesar dos intentos dos activistas pro-unionistas e os medios de comunicación de retratar a independencia como unha causa perdida, as probas claramente indican algo diferente. Un cincuenta por cento máis un é todo o que necesita calquera dos bandos para asegurar a vitoria o próximo 18 de setembro. Pase o que pase, vai  ser un triunfo moi pechado. Pero de momento o ímpeto está co Si e está gañando forza. 

Comentarios