Opinión

Non hai caixa única da seguridade social para romper

O anuncio da concesión de competencias ao governo basco sobre a xestión da seguridade social despertou grande indignación en medios centralistas sobre a posible ruptura da caixa única do sistema. Deben tranquilizarse, nunca existiu tal caixa única nen por tanto vai rachar, pois non é máis cun mero artificio contable, eso sí moi sofisticado, para dar a impresión de solvencia actuarial ao actual modelo de reparto. As cotizacións van todas ao mesmo sitio e as pagas veñen todas do mesmo. De feito en muitos países europeus non hai tal concepto de caixa única nen a seguridade social é maís cunha dependencia do goberno central, e neles os cobros van aos orzamentos xerais e os pagos saen de alí tamen. E considerado simplemente un gasto social máis e as cotizacións o que realmente son, un imposto ao traballo pagado polos propios traballadores.

Cando primeiro Bismarck, e logo Roosevelt e outros países europeus montaron o actual sistema de pensión o concebiron como un impusto ao traballo, adozado eso sí, coa promesa dunha pensión futura no caso de acadar unha determinada idade (70 anos logo reducidos a 65 cunha esperanza de vida de 55 en Alemaña). Para xustificar a medida criaron entes autónomos, denominados como seguridade social, aos que imputar e cargar tanto os ingresos como os gastos, xerando enormes superavits (muita xente a pagar e poucos a cobrar e por pouco tempo posi a superviencia non chegaba a 5 anos de prestacións) que ían directamente aos orzamentos do estado para gastar en calquera cousa que estimasen convinte (normalmente guerras e gastos duvidosamente sociais).

O xeneral Franco instaurou na Lei da seguridade social de 1966 un sistema obrigatorio de reparto para os traballadores hispanos. O esquema era o mesmo, criación contable dun sistema de seguridade social con apariencia de caixa de seguros, para dar apariencia de que pensións e traballo tiñan algún tipo de vencello real. Os beneficios non quedaban gardados en ningún peto senon que ian aos orzamentos xerais, gastaban no que Franco ou logo os gobernantes da democracia entendían pertinente. Non hai nen nunca houbo nada real gardado en ningún peto (nen sequera no famoso das pensións). Pero, ¡ai! Virou a demografía e chegou a crise e o sistema contable deviu en perdas tamen contables. Pasou algo? Non. As pensións foron cubertas con cargo aos orzamentos xerais, baixo a apariencia dun "préstamo" do Estado español a seguridade social ad calendas grecas.

Como se ve non hai caixa ningunha que rachar. O que os bascos queren con razón é certa autonomía na xestión das contas e non tanto ganar cartos. De haber algún beneficio, equivale a unha transferencia calquera ou a unha mellora do financiamento, non á ruptura de nada sagrado, salvo o control simbólico do Estado español no pago das pensións. Os beneficios ou costes da partida extraeranse imaxinativamente de algunha outra partida, polo que non  haberá ningun descadre de contas, nen as pensións subirán ou baixarán. Non sería mala idea pedila nós tamén.

Comentarios