Opinión

Kazakhstan e as revolucións de cores

Unha vez máis testemuñamos movementos de axitación no antiguo espazo soviético coa fin de derrocar a algún governo próximo ao ruso. Dende  comezos deste século unha serie de “movementos populares” ben organizados foron quen de derrocar muitos governos aliados do ruso e sustituilos por outors esta vez aliados das chamadas democracias occidentais. O caso máis claro foi o de Georgia e o ata de agora máis relevante, o da Ucraina. Tamen foi  usado con éxito nas chamadas primaveras árabes, con consecuencias que ainda se están a padecer e fracasou unha variante do mesmo en Venzuela. As axitacións recentes na Belarus ou na propria Rusia seguen máis ou menos o mesmo esquema, que consiste en orquestrar protestas nas rúas  en nome da democracia no medio de acusacións de corrupción ou incompetencia contra o governo a derrocar. Reclaman falar en nome do povo e reclaman governos compostos de personas de prestixio da sociedade civil e algunhas reformas económicas. No caso que nos ocupa como curiosidade pediron tamen a suspensión da campaña de vacinación no país, que polo que se ve non debe ser moi popular. O éxito destas propostas vai vencellado a cobertura das protestas nos grandes medios mundiais e ao respaldo activo e manifesto das grandes potencias valedoras da democracia, a UE e os USA, que contribuen a deslexitimar dentro da propria cidadanía aos governantes que se queren destituir. A graza da medida está en que os golpistas en vez de dar unha imaxen de usurpación a dan de sufridos combatentes pola liberdade. A técnica do golpe de estado, a meu entender a  máis complexa das técnicas políticas, ten evoluido muito nos últimos anos e acadado un grande nivel de sofisticación no só na teoría senon tamen na práctica pois os seus executores normalmente servizos de intelixencia como o MI6 ou a NSA (a antiga CIA) van collendo experiencia no seu uso.

No caso do Kazhakstan todo segue o guión. Aproveitaron  as divisións internas dentro da élite governante, colaboraron con mafiosos para que fornecesen dunha masa crítica de protesta reclutando no hampa e armandoos  para forzar unha resposta guvernamental necesariamente dura por parte do governo, que logo será magnificada nos medios externos. Foi o que se fixo en Siria para alentar as revoltas contra Asad.  Que non é unha protesta común o amosa a preocupación do Kremlin que inmediatamente mandou tropas para reprimila. .E non é para menos dadas as similitudes deste caso coa Ucraina, con partes do territorio povoadas por rusofalantes e o resto por kazakos de cultura e idioma da familia turca. A ecuación inclue tamen conflitos ortográficos, para confirmar que estes son máis importantes do que se pensa. Pero esta intervención  debilita súa postura na negociación de Xenebra ao ter que atender a outra frente e nen sequera  vella Rusia é quen de manter dous focos de tensión á vez. De ser orquestrada a revolta todo indica que é máis un aviso ao presidente Putin do que lle podería acontecer na propria Rusia que unha tentativa elaborada de cambio de reximen ao estilo tradicional. A tibieza dos medios internacionais e seu aparente desinterese apontan tamen máis nesta dirección que na de provocar un conflito civil.

Cando estas liñas sexan lidas o desenlace ha estará máis o menos claro o desenlace e todo apunta a que quedará nun susto para o actual governo, que dende este momento supoño que abandonará parte das súas veleidades panturcas e voltará á órbita rusa. Pero quen queda a primeira vista debilitado é o reximen ruso, que se ben foi que de actuar con premura, amosa que non é que de controlar seu proprio espazo e que é vulnerável as inxerencias externas. Isto seguramente hase notar no resultado das negociacións. Pronto saberemos.

Comentarios