Opinión

Galiza e a reforma da Constitución

Denantes de discutir que aspectos deberianse tocar nunha hipotetica reforma da constitucion española deberiamos ter claro que tal cousa non vai acontecer. O PP non vai iniciar un proceso de resultado incerto, e que dada a matemática parlamentaria non ten ningunha opciópn nen de controlar nen de capitalizar ao seu gosto, e que sen embargo debería ser submetitada non só a refrendo parlamentar senón tamén a un referendo. Este referendo moi probablemente sería lido como unha avaliación do governo do PP ou do propio rexime e tensionaría ainda máis a vida politica do país sen que o governo tirase réditos dela, e polo tanto, se o PP amosa algo de intelixencia política, e a ten, non iniciará tal proceso ou o fará só para deviar a atención de outros temas ou gañar tempo.

Pero este artigo vai de cales questións das incluidas na reforma deberían ser priorizadas polos nosos representantes no proceso de redacción do novo texto. Primeiro convén remarcar que ainda que a reforma está plantexada en principio para resolver cuestions territoriais, o certo é que de levarse a cabo extenderíase a muitos outros aspectos, dende a monarquía ao recoñecemento e garantía de novos direitos sociais. Muitos de estas propostas de reforman refírense a todo o ámbito estatal e non só a Galiza polo que me centrarei só nas que poden afectar ao espazo autonómico galego.

O lehendakari Urkullu tamen propuxo extender ao conxunto das autonomías o seu modelo. Eu gosto desta proposta, tan querida polos vellos defensores do federalismo e a competencia fiscal

En primeiro lugar a cuestión do financiamento. Fai uns días o BNG fixo unha proposta de cambio do sistema de fianciamento na liña dun sistema foral tipo basco ou navarro, na cal a facenda galega fose a encargada de recadar impostos e despois negociar un cupo co estado. O lehendakari Urkullu tamen propuxo extender ao conxunto das autonomías o seu modelo. Eu gosto desta proposta, tan querida polos vellos defensores do federalismo e a competencia fiscal. A existencia de competencia entre unidades administrativas, ao igual que no mercado, ten un efecto dinamizador moi positivo sobre o funcionamento das administracións públicas, tanto en calidade como en coste das mesmas. Son conscente de que a curto prazo pode haber unha reducción nos ingresos que recebe a Xunta, máis creo que a medio prazo poderíamos sair gañando. Primeiro porque gañariamos en predecibilidade, ao non ter que depender de negociacións políticas nas que non necesariamente temos que sair ben parados no futuro. Isto permitiría, en segundo lugar, poder levar a cabo unha política verdadeiramente autonóma en muitos ámbitos e deixar de ter que verse arrastrados por políticas fiscais irresponsábeis noutros territorios. O pobo galego foi e é un pobo prudente fiscalmente e seguro que sabería aproveitar ben esta virtude, sen verse na tesitura actual de que as comunidades pródigas sexan recompensadas e as prudentes castigadas.

Outro tema que podería afectar a Galiza, ainda que a día de hoxe non sexa prioritario, é o da determinación da relación entre os distintos povos españois. Para superar as tensions secesionistas que se dan no seo do estado, e nas que nun futuro puderan afectar incluso a Galiza, sería convinte ao meu entender establecer unha sorte de proceso pautado de secesión, á imaxe da Lei de Claridade canadiana, que detallase os procesos e as percentaxes necesarias para poder levar a cabo de forma constitucional un proceso destas características sen ten que recurrir á excepcionalidade. Dotar dun instrumento legal e constitucional, ainda que este requira de maiorías reforzadas, para a secesión contribuiría muito a reducir o conflito político e a canalizalo de forma construtiva.

Para superar as tensions secesionistas que se dan no seo do estado, e nas que nun futuro puderan afectar incluso a Galiza, sería convinte ao meu entender establecer unha sorte de proceso pautado de secesión

Por último hai un tema, que aparentemente pode ser menor pero que para min ten gran trascendencia, e que é o do status xurídico da lingua galega. Para min non é de recibo o estabelecemento de status xurídicos distintos entre as linguas, porque equivale a estabelecelo entre os seus falantes, isto é que unha persoas estarán obrigadas por forza a coñecer unha lingua, ainda contando coa sua propia e a outras en cambio chegaríalles con coñecer a súa. Non é de recibo establecer obrigas deste tipo de forma asimétrica. A igualación xurídica podería vir ben da eliminación da obriga de coñecer o castelán (a que prefiro) na liña anglosaxona da non oficiliade de ningunha lingua ou ben a da obriga de coñecer galego. A par co castelán. Non parece unha reivindicación prioritaria, máis a min paréceme un caso flagrante de discriminación legal.

Non é de recibo o estabelecemento de status xurídicos distintos entre as linguas, porque equivale a estabelecelo entre os seus falantes

 

É obvio que a reforma constitucional ten muitas más dimensións e de muito calado para Galiza, máis muitas delas xa se conseguiron ou ben se poden conseguir no actual marco xurídico, polo que non ten senso plantexalas no proxecto de reforma. De incidir en algo entendo que a reforma do sistema de financiamanto é a que a medio prazo pode conseguir un maior potencial de autogoberno, e que ben xestionada poderá dar lugar a unha Galiza tan próspera ou máis que calquera outra nación europea, pois intúo e intuo ben que unha Galiza autónoma financeiramente ía ser un exemplo de boa e sá xestión financeira.