luns 28/09/20

O galeguismo e a forma política: un comentario ás apreciacións do profesor Antonio-Carlos Pereira Menaut

O meu querido e admirado amigo o profesor Pereira  matiza con moi bó criterio algún dos meus comentarios escrito fai unhas semanas sobre a cuestión das posibles ganancias que podería ter para Galiza a instauración dunha república española. Nela dicía que estes poderían parecer obvios para un republicano hispano pero non o son  tanto para un nacionalista galego pois en ningunha parte está escrito que unha república hispana teña necesariamente que ser máis receptiva as reivindicacións dos movementos nacionalistas que existen no espazo español. Pretendía simplemente abrir un debate que os teóricos do galeguismo abriran no seu  momento sobre se a forma política na que se estruture o Estado español é ou non de relevancia para o noso movemento.

Os vellos sentenciaron, que ao igual que á Igrexa Católica élle indiferente a forma política pois tratou na súa historia con prácticamente todas as existentes se ben de poder escoller prefieren unhas sobre outras (a monarquía adoita ser a súa preferida) aos galeguistas tamén lle é accidenta a forma do estado sempre e cando favoreza as demandas dos galegos. O profesor Pereira apunta, con acerto, que o relevante non é tanto a forma como a propia mentalidade dos governantes españois, que el simboliza en Madrid ou no palco do Bernabeu, pois tanto monárquicos como republicanos adoitan non ter moito aprecio polas reivindicacións das distintas nacións intergradas no ámbito político hispano. E eu concordo plenamente con el, pois ao longo da historia sexa con monarquías ou repúblicas o tratamento foi bastante similar, só hai que ver por exemplo os requerimentos legais para poder aprobar o Estatuto Galego do 36, pensados para que fose case imposible a súa elaboración e ratificación.

Dito isto gostaríame reafirmame en que a forma política conta e ten implicacións relevantes, e o profesor Pereira o sabe ben porque a forma monárquica é moi pouco acaida para o federalismo que  tanto lle gusta defender, se ben si o é para fórmulas semellantes pero con muito máis potencial político, como é o sistema autonómico. Movementos como os independentismos flamengo, catalán ou escocés difícilmente poderían darse nun reximen federal de tipo occidental. Se isto é bo ou malo depende de se un é independentista ou non, pero dende logo os sistemas federais (republicanos) non dan tanto xogo para a secesión como os monárquicos.

O pacto orixinario federal ou republicano parte dunha situación na que as partes integranse en situación de igualdade e renuncian a dereitos históricos e desigualdades legais, e ademáis se pretende que estas novas normas son aceitadas vontariamente. Un pacto republicano de todos libres e iguais no que non caben lealtades distintas. Por exemplo os principios forais como os de Euzkadi ou Navarra non terían cabida. Nunha monarquía faise evidente pola contra que o estado actual non é máis cunha agregación de vellos reinos e que recolle muitos privilexios e fueros procedentes do pasado e adoitan, por tanto, ser máis respitosas coas realidades nacionais. Outra cousa é, como tamén apunta o profesor Pereira, é que o noso rei non saiba selo e quera xogar a ser presidente da república e interferir na política...

O galeguismo e a forma política: un comentario ás apreciacións do profesor...
comentarios