Opinión

Escribir a noite

Pensei que aquelasferidas estaban aínda, en gran parte da sociedadearxentina, sen cauterizar, como taménocorría coas nosas da guerra civil, e en como a historia do século XX se repetía cando as cabezas visibles de réximes totalitarios facían por apropiarse dos valores que, en teoría, representa o deporte. Metinme no taxi que requiriran para desprazarmeaoprimeiro acto oficial que xustificaba a miñapresenzanaquel país e, ao tempo, foi medrando en min un desasosegoao constatar como no lugar de ondeeu son este proceso de desmemoria, poucomáis de trinta anos despois da morte de Franco, era moitomaior.

Este parágrafo das primeiras páxinas da recentemente editada novela de Ramón Nicolás, Lapis na noite, introduce unhapeza narrativa de necesario (re)coñecemento, de (auto)procura en paralelo das palabras precisas para, ben enfiadasnun discurso elegante e fluído, teceren as costuras persoais, familiares e sociais que, dun xeito ou doutro, a todas nos afectan. Porque nunca o marco vivencial privado deixou nin deixará de ser público. Nin tampouco a suma das afectación sindividuais deixará de multiplicar as consecuencias colectivas.

A procura das palabras, diciamos, que curen dos nunca explicados silencios, eses ocos no pasado e no presente que non permiten que a cadea interxeracional avance en liberdade, desde a sólida e firme base do coñecemento.

As palabras e os seus ecos convértense aquí neses fíos de puntada segura que fixan, cos febles imperdíbeis dos silencios protagonistas e das ausencias presentidas, as intermitencias dun pasado (demasiado continuo noutros tempos e lugares) que é imposíbel de superar nin esquecer.

As oracións son en Lapis na noite reparadores puntos de sutura, liñas discontinuas que converten o camiño da historia en firmes liñas continuas, pasos convincentes en que facerpé, mesmonunharealidade da que non quixeramos saber e proe confrontar. Mais precisamos saber e coñecer para sabermosquen somos, como somos e por que somos así.

Cada cláusula desta ficción narrativa en branco e negro achega unha nova cor para pintar as frías evasivas, as respostas inacabadas, imprecisas e as distancias físicas.

Un volume profundo, para reflexionar, para reencontrar algún deses capítulos do cordon umbilical que alimentou o viacrucis entre Arxentina e Galiza, territorios acoutados que o tempo da historia retroalimentou desde os exilios compartidos. E un nexo común: a noite do 16 de setembro de 1976 en que dez estudantes de secundaria foron secuestrados na cidade da Plata e da que apenas tres foron quen de sobreviviren ás torturas da ditadura de Videla.

O lapis reescribe agora, da man de Ramón Nicolás, en grafito indelébel a coñecida como Noite dos lapis, a noite dos días que foron, alén e aquén mar, espellando dúas realidades que, malia distancias xeográficas, non deixou a crueldade de senllas ditaduras de as aproximaren.

Nunca abondo se fala en liberdade das consecuencias dunréxime represivo, das marcas que mancan mesmo sen seren vistas, nin en Arxentina, nin moitísimo menos (ben o estamos a ver) en España. As sombras prolónganse, maispercibímolas porque sempre as delatan as luces aínda sendo lúgubres.

Con todo, as luces reparadoras non acaban de prender para espallar verdade e liberdade, mais tamén o relato dramático da mentira, ocultación, delación, desaparición e sumidoiros do inframundo. E precisamos a literatura ao rescate.

Non atopamos aquí un axuste de contas lector, senón unha crónica persecutora e represiva duns ideais de xustiza social, de salvación persoal e fracaso, de perda e recuperación. Unha crónica fértil en matices que nos somerxe na verosemellanza simultánea da realidade arxentina e galego-española.

As paixóns futbolísticas opiáceas, as lecturas de osíxeno imprescindíbel, as músicas esperanzadoras…o detalle semella acontecer no presente, ante os nosos ollo saínda incrédulos perante tanta ignonimia humana, tan lonxe e ás veces tan perto de se poder repetir impunemente.

Cada muller protagonista desta documentada novela representa interxeracionalmente esa corrente alterna entre os sucesos acontecidos noutrora, os silencios consecuentes e a máis consecuente aínda necesidade de saber nesta viaxe camiño da verdade.

Cómpre mirarmos polo retrovisor que representa o trazo deste Lapis na noite para lembrarmos que aquí e aló fican nomes e corpos pendentes de recuperar e de fixar con maiúsculas o verdadeiro título dun capítulo ben recente da nosa historia.

Porque a resistencia á desmemoria persiste, nun combate atemporal, en aladas sementes novas de cada acio vizoso, azulado ou violáceo, do xacarandá, símbolo da esperanza, da beleza e do amor.

Comentarios