Opinión

Unión Europea: Ruína da mocidade galega!

Non é nada doado ser moz@ na Galiza. Vemos día a día truncadas as posibilidades de vivir, estudar e traballar na nosa terra. As medidas desa mafia de poderes económicos chamada Troika coa complicidade do Estado Español está a desterrar todos os dereitos e liberdades que con suor e sangue teñen conquistado as xeracións que nos precederon. 

Non é nada doado ser moz@ na Galiza. Vemos día a día truncadas as posibilidades de vivir, estudar e traballar na nosa terra. As medidas desa mafia de poderes económicos chamada Troika coa complicidade do Estado Español está a desterrar todos os dereitos e liberdades que con suor e sangue teñen conquistado as xeracións que nos precederon. Están a eliminar o noso propio país, impídenos medrar aquí, ao tempo que rematan con servizos públicos importantísimos como a sanidade e o ensino, para que sexamos máis fáciles de ser dominad@s. 

"Non é nada doado ser moz@ na Galiza. Vemos día a día truncadas as posibilidades de vivir, estudar e traballar na nosa terra".

Os homes grises de Madrid e Bruxelas din que a culpa é nosa, e pretenden facernos crer que vivimos durante anos por riba das nosas posibilidades; polo que agora tócanos apandar coa débeda española. Unha débeda que nin é nosa nin que causamos, senón que é da banca e dos especuladores.
 
Mais a estes si os rescatan, iso si, cos cartos de tod@s nós, mentres a mocidade galega continúa a ser condenada á fame, á miseria e á emigración. 
 
É vergoñento como o PPSOE aplicou e aplica sen titubeo os ditames da Unión Europea, e como están a arruinar a nosa capacidade de traballar o agro, a pesca, o naval..., como laminan os postos de emprego e fannos apandar con reformas e temporalidade que precarizan as condicións laborais para converter o pouquiño traballo existente en auténtico réxime de escravitude. 

“Somos pouc@s, o resto d@s da nosa idade xa marchou da Galiza”

“Somos pouc@s, o resto d@s da nosa idade xa marchou da Galiza” dicía un bo compañeiro este sábado nunha praza pública ateigada de xente que se achegou para escoitar a situación da mocidade galega e a alternativa nacionalista. E é que a cifra é arrepiante: máis de 100 000 moz@s marcharon nos últimos 5 anos da Galiza en busca de posibilidades de vida que se lles nega na propia terra; e se temos en conta que esta cifra responde a datos oficiais, e que polo tanto para sermos máis exactos habería que sumarlle varios milleiros máis, fica claro que a nosa Nación camiña cara ao suicidio poboacional. 

"A cifra é arrepiante: máis de 100 000 moz@s marcharon nos últimos 5 anos da Galiza en busca de posibilidades de vida que se lles nega na propia terra"

Hai que rebelarse? Está claro, porque non poderemos cambiar as cousas sen antes crebarmos as cadeas que nos subordinan a España e á UE e rematarmos para sempre con ese centralismo que nos fai periferia e que nos obriga a emigrar aos seus centros coa finalidade de que en Madrid e tamén en Berlín se enriquezan a costa da mocidade galega. 

Hai que parar a Unión Europea e os seus sinónimos: secuestro da democracia, recortes e empobrecemento da Galiza.

Por iso hai que parar a Unión Europea e os seus sinónimos: secuestro da democracia, recortes e empobrecemento da Galiza. Sinónimos porque nunha UE cuxos centros de decisión non son electos pola cidadanía e que están creados e dominados polos poderes económicos, nunca haberá políticas que respondan ás necesidades da mocidade galega, pois só lexislan para o beneficio do capital.

Fica claro que só desde as cinzas da actual Unión Europea poderemos construír unha Europa diferente, dos pobos e para os pobos, na esquerda, que se coloque ao servizo da xente e onde non se malle a quen saímos ás rúas en defensa dos nosos dereitos e se ameace a quen propón consultas populares.

o 25 de maio temos que dar unha lección de dignidade

"Como non imos saír o 25 de maio? Creo que neste pobo témolo moi doado, só temos que facer aquilo que levamos feito en todo este tempo: REBELARNOS, decidindo por nós mesm@s, dándolle onde máis lles doe: votando BNG".

Por iso o 25 de maio temos que dar unha lección de dignidade, deixarlles claro que non nos van seguir estrangulando cos seus recortes. Temos unha gran oportunidade para baleirar Galiza de troikas e PP e enchela de votos daquelas e aqueles que defenden ao País, que non se dobregan ante as chamadas á orde que reciban desde Madrid, porque non se deben a ninguén de fóra, daquelas e aqueles que unicamente se deben ao pobo porque son pobo. 

Se saímos á rúa polo ensino público e galego, polo traballo digno e con dereitos, contra os desafiuzamentos, polos dereitos reprodutivos das mulleres e as liberdades afectivo sexuais, na defensa do noso medio e contra a destrución do territorio, pola democracia e a nosa independencia, a paz a solidariedade e o internacionalismo... como non imos saír o 25 de maio? Creo que neste pobo témolo moi doado, só temos que facer aquilo que levamos feito en todo este tempo: REBELARNOS, decidindo por nós mesm@s, dándolle onde máis lles doe: votando BNG.

Comentarios