Opinión

Servizos secretos ao descuberto

Se o número de políticos espiados mediante os programas de espionaxe 'Pegasus' e 'Candiru' indica con quen están ocupados os servizos secretos españois, debemos concluír que a situación política de Euskal Herria non lles xerou unha gran preocupación estes últimos anos. Na lista aparecen decenas de cataláns -Carles Puigdemont, Oriol Junqueras, Elisenda Paluzie...-, mentres que soamente hai dous nomes de Euskal Herria: Arnaldo Otegi e Jon Iñarritu. Non é moi críbel que só haxa dúas persoas de Euskal Herria en dita lista.

Os servizos secretos móvense nas cloacas como peixe na auga, e os seus responsábeis non sempre están ao corrente diso. "Seica os gobernos de España eran coñecedores de que os servizos secretos, utilizando os programas mencionados, dedicábanse a espiar a axentes políticos? ", é pregúntaa retórica que vimos escoitando os últimos días. Non ten por que ser así, xa que os servizos secretos son un estado en si mesmo dentro dos estados.

O goberno en cuestión ten dúas opcións: negalo e tentar encubrilo ou destituír os cargos responsábeis

Aínda así, unha vez descuberto ou sacado á luz mediante unha investigación, o máis importante é observar como reacciona o goberno que foi sorprendido. O goberno en cuestión ten dúas opcións: negalo e tentar encubrilo ou destituír os cargos responsábeis.

En xullo de 1985, os axentes dos servizos secretos do exército francés colocaron dous explosivos no barco ecoloxista Rainbow Warrior, de Greenpeace, en Nova Zelandia. Nese acto mataron, accidentalmente, ao fotógrafo portugués Fernando Pereira. Estivese ou non ao corrente da operación, o ministro de defensa Charles Hernuk viuse obrigado a dimitir.

Un dos axentes que participaron na devandita operación, o militar Gerard Royal, irmán da ex dirixente socialista Segolene Royal, declarou 30 anos despois do suceso que era imposíbel que se levase a cabo unha operación desa talla sen que o entón presidente François Miterrand estivese ao corrente.

Destituirá a alguén o ocupante da Moncloa?

Non esquezamos que en Euskal Herria xa tivemos o noso propio caso 'Pegasus'. En 1986, cando Carlos Garaikoetxea exercía de lendakari, os seus propios ertzainas realizáronlle escoitas teléfonicas.

Comentarios