Opinión

O risco de quedar só

Apartir do 1 de outubro, corresponde ao Goberno vasco a competencia penal de Basauri, Martutene e Zaballa. Ao parecer, o Goberno de Navarra non ten maior interese en conseguir esa competencia, xa que recentemente asumiu a responsabilidade da enfermaría do cárcere de Pamplona, despois de transcorrer 40 anos. Oxalá mostre maior entusiasmo para conseguir as demais competencias que lle faltan!

Para exercer o poder que acaba de obter, o Goberno vasco poderá deseñar en por si as condicións de vida dos presos, así como a programación e o protocolo correspondentes á vida no interior do cárcere. En Pamplona, con todo, esa responsabilidade corresponderá á Dirección Xeral de Institucións Penais de España, como correspondeu até o de agora.

De agora en diante, así mesmo, corresponderalle ao Goberno vasco a xestión dos presos políticos vascos que están a cumprir condena, con todo o que iso leva consigo: reinserción social, cambios de grao, permisos, saídas... Até o de agora, o PNV e o lehendakari, Iñigo Urkullu, foron moi esixentes coa lectura do pasado deses presos, e coa do pasado de ETA, a organización onde militaron. Non hai máis que observar cal negativa foi a súa valoración —a diferenza da de moitas vítimas, do PSE-EE e PSOE, de Ahal Dugu, de Zapatero...— con respecto á declaración que realizou na segunda feira a esquerda independentista. «Non era necesario», tal e como dixo o presidente Urkullu na pasada segunda feira.

Que lles esixirán agora aos presos que están neses cárceres que son responsabilidade do Goberno vasco, e que barreira ética deberán superar para gozar dos beneficios penais? Fai moito que o Goberno vasco e o PNV e aferran a uns termos e conceptos que se volveron totémicos, e non queren moverse de aí: ETA nunca debeu de exisitir, inxusto... E ningunha lectura sobre o pasado é válida se non utiliza esas expresións que serven de faro ao PNV. E é que o PNV corre o risco de converterse en cativo dos seus propios vocábulos, corre o risco de quedar só, se se ten en conta o comportamento non-obstaculizador que mostraron durante os últimos anos os demais axentes políticos. Seica, despois de dez anos de que ETA dese por finalizada a súa violencia armada, os jeltzales non chegarán a facer unha valoración equiparábel á do PSOE e do PSE, que contan no seu haber con moitos máis mortos que o PNV?  

Aplicarase a eses presos esa mesma estratexia de discurso político erosionador? Por se alguén ten curiosidade, non é precisamente o que aconsellan quen é expertos en semellantes mesteres.

De entre toda a xente que deixou ETA e se afiliou á EAJ ou á que se lle ofreceu un cargo político superior de confianza nas administracións gobernadas polos jeltzales, a canta se lle esixiu que realice unha autocrítica pública da súa actividade? Para percibir un soldo excelente non é necesario, e para recibir beneficios penais si o é?

Comentarios