Opinión

Putin, na procura do imperio perdido

Foi a imaxe da semana; a da semana ou unha das do ano: Joe Biden e Vladimir Putin reunidos en Xenebra. Por un lado, o presidente que aínda hoxe, aínda que menos que antes, conta cunha gran superioridade no mundo, e, polo outro, o presidente de Rusia, que non acaba de asumir o que foi e o que nunca volverá ser. E a miles de quilómetros de alí, coa calma de quen toma o té temperado, o presidente do que Napoleón Bonaparte chamada “o león durmido”, o chino Xi Jinping, que estivo presente na reunión, aínda sen estar alí.

É facilmente comprensíbel que Putin, querendo converter Rusia na potencia que unha vez foi intente dalgunha maneira afianzase certa presencia. Desde que a Unión Soviética quebrara na última década do século pasado, é evidente que os rusos perderon posicións no taboleiro mundial de xadrez. O que fora o clásico eixo militar Washington-Moscova perdeu ao seu segundo participante, Moscova, e deixou paso a Pekín.

A índole do eixo tamén mudou: o que antes era un eixo militar é hoxe en día principalmente un eixo financeiro, a raíz da estratexia do segundo elemento, posto que os leóns espertos non buscan a superioridade militar no mundo, senón que perseguen a superioridade mediante a economía. E avanzaron moito nas últimas décadas; que llo pregunte se non a Sudamérica e a África.

Rusia ten grandes dificultades para facerse ver nese renovado campo de xogo. Mentres que a disputa era aínda militar, Rusia sentíase cómoda, xa que os mísiles dun e os exércitos doutro eran o principal medidor de forza: o botón vermello. Rusia é unha gran potencia económica porque é un gran estado, ten moitos recursos enerxéticos -petróleo e gas-, pero unicamente vende unha pequena parte da súa produción ao exterior, e non é referente en canto a avances tecnolóxicos. Así é moi difícil ser unha potencia a nivel mundial.

Que lle queda a Rusia para ser alguén no mundo? Cada vez está máis estendida a crenza de que moitos ciberataques políticos e económicos teñen a súa orixe en Rusia, e o país intervén en certas crises moi locais, especialmente en Ucraína. Pero non hai moito máis.

Comentarios