Opinión

Non afíes a machada do teu verdugo

Aquen tiña en mente o PP cando ideou a Lei mordaza en 2015? Os manifestantes dese mesmo partido? Os do PSOE? Os do PNV? Non parece que esa lei redactada polos policías españois e aprobada polo Congreso dos Deputados tivese no punto de mira os membros deses partidos. Esa lei non só contempla os disturbios que ocorren rúa, senón que ten toda unha batería de medidas represivas para que os policías, e os seus responsábeis políticos, teñan protección legal á hora de reprimir sen ningún impedimento.

Para os policías era prioritario dispor dunha ferramenta xurídica dura para sancionar

O Gobierno español desaproveitou a lexislatura para derrogar o modificar por completo esa lei. Antes de chegar ao goberno, Pedro Sánchez prometeu en varias ocasións que a derrogaría porque restrinxía algúns dereitos: prometeuno en 2015, en dúas ocasións en 2018 e, o que é máis importante, en 2019, cando asinou o acordo de goberno con Unidas Podemos. Moitos pensamos —lembrando a decisión que tomou o presidente socialista José Luis Rodríguez Zapatero de retirar o exército do Iraq ao día seguinte da súa toma de posesión en abril de 2004— que cumpriría a súa palabra ao pouco tempo de chegar á Moncloa, co obxectivo de ser a primeira medida efectiva da nova lexislatura. Non o fixo. Por medo aos policías.

Se o PP non pensaba nos membros dos partidos políticos mencionados anteriormente, os membros de que partido tiña en mente? Os de Unidas Podemos en Madrid, os independentistas en Catalunya, os de EH Bildu en Hego Euskal Herria, os do BNG na Galiza, os sindicatos dun lugar e doutro, os que fan folga, os grupos alternativos, os okupas, os contrarios aos desafiuzamentos...

Podemos xurdiu do proceso que comezou en 2011 na praza do Sol de Madrid, e para os policías era prioritario dispor dunha ferramenta xurídica dura para poder sancionar ese tipo de mobilizacións que estaban a xurdir. Tamén o era para a Ertzaintza, que utilizou moitas veces esa lei.

Esta semana, Unidas Podemos apoiou a lei que foi deseñada para cortarlle as ás da rúa a Podemos; seguramente, será unha das maiores contradicións que tivo que tragar ese partido na lexislatura.

Non afíes a machada do teu verdugo.

Comentarios