Opinión

A necesidade de cambiar a política penal

Tendo en conta a dura política penal que os presos políticos vascos de Hego Euskal Herria sufriron estes últimos anos, a súa situación mellorou considerabelmente no que respecta á localización das prisións nas que se atopan. Desde 2018, foron máis de douscentos os presos que achegaron a Hego Euskal Herria e a outras prisións próximas. A día de hoxe, 37 presos atópanse nas devanditas prisións próximas. Desde hai un ano, os cárceres de Basauri, Martutene e Zaballa son competencia do Goberno Vasco, mentres que a de Pamplona aínda se atopa en mans do goberno español.

Tan necesarios como os achegamentos son os cambios de grao dos presos, xa que son eses cambios os que permiten que os presos accedan a permisos e a outro tipo de beneficios, o que resulta substancial á hora de aliviar a súa situación. Nos cambios de grao, quen xoga un papel significativo son os directores de prisións, os comités de valoración, e tamén a fiscalía da Audiencia Nacional, que se dedica a botar por terra o traballo dos axentes anteriormente mencionados.

É urxente que todos os presos estean en cárceres do territorio vasco, mais tamén urxe derrubar os obstáculos que impiden acelerar a vía para obter beneficios penais

are, un organismo que traballa a favor dos dereitos dos presos, refuxiados e deportados vascos, denunciou en xuño a actitude obstrucionista do director do cárcere de Pamplona, porque impedía continuamente a aprobación de beneficios para os presos. Ao cabo dun mes, foi relevado do seu posto pola Dirección de Institucións Penais de España.

Convocadas polo propio Sare, miles de persoas esixiron onte nas rúas de San Sebastián outro tipo de política penal. Sare lembrou que aínda quedan moitos pasos que dar, que é urxente que todos os presos estean en cárceres do territorio vasco, e que urxe derrubar, igualmente, os obstáculos que impiden acelerar a vía para obter beneficios penais.

A política española atravesa unha situación verdadeiramente inestábel; unha situación que empeorará a medida que se aproximen as eleccións. Aínda queda por ver se o PP introducirá a ETA na campaña, pero, a xulgar pola tendencia dos últimos meses, é unha opción que non cabe descartar. E, no caso de que o faga, adoptará certos compromisos que posteriormente deberá cumprir se chega ao goberno.

Convén que todas as partes dean canto antes os pasos necesarios para que, dese xeito, a quen veña despois lle resulte difícil truncar o obtido.

Comentarios