Opinión

O catalán precisa unión

Nunha praza próxima á Rambla Principal de Barcelona, un grupo de alumnas e alumnos de seis anos xoga baixo a vixilancia do profesorado.

A fisonomía das súas caras dános pistas sobre a orixe dos seus proxenitores: sudamericanos, magrebís, do África negro, caucásicos (é dicir, locais), asiáticos... O profesorado diríxese ao grupo en catalán, e o catalán é a lingua que empregan entre si os alumnos e as alumnas, dado que a esa idade teñen pouco contacto co castelán e, grazas ao modelo de inmersión lingüística, no colexio fan todo en catalán. A esa idade, aos seis anos, si. Mais cando teñan 13 anos e se comuniquen ben en castelán, seguirá o catalán sendo a lingua de comunicación dese grupo? Ou tomará o castelán o lugar que lle pertenceu ao catalán durante anos? He aí unha das chaves dunha supervivencia solvente do catalán. 

O éxito do acto levado a cabo onte no Arc de Triomf de Barcelona é unha clara mostra, para quen o queira ver, de que unha gran parte da cidadanía catalá, atreveríame a dicir que a maior parte, indígnase cando ve que se poñen en marcha estratexias que teñen como obxectivo cortar as alas ao catalán. Por temor a que poidan chegar máis medidas na mesa dirección para restar forza ao catalán, moitas persoas volveron saír onte ás rúas. 

O que está en tea de xuízo non é o dereito á independencia política, senón que se trata algo moito máis básico: non aceptar ningún retroceso no status da lingua catalá

Porque o que está en tea de xuízo non é o dereito á independencia política, senón que se trata algo moito máis básico: non aceptar ningún retroceso no status da lingua catalá. Para os partidos e institucións que nas últimas décadas acordaron outorgar ao catalán un lugar prioritario, supón un reto o feito de que o Tribunal Supremo de España decidira que o 25% das materias escolares deben ser impartidas obrigatoriamente en español. 

Aínda aceptando a dificultade que comporta, é imprescindíbel defender nun só bloque ese acordo que tanto mellorou a situación do catalán.

Unha gran parte da cidadanía non aceptaría que houbera divisións nesta cuestión. 

Comentarios