Opinión

Para cando a Lei de Amnistía?

Benvida María, e todas as túas lectoras e lectores, a estes faladoiros ente Vicente e eu. Imos engadir outra versión a aquela Galeusca que fai bastantes décadas inauguraron algúns activistas comprometidos dos nosos tres países: a versión dos directores.

É dobre o mérito de quen facedes Nós Diario, o recentemente nado xornal en galego. Os tempos que van non son os máis favorábeis para a creación dun xornal profesional e, por si fora pouco, aos dous meses de vida caeu sobre vós a Covid-19. Estou seguro de que, a pesar das dificultades, sairedes adiante, con o sen o apoio das meigas. Polo tanto, longa vida ao voso proxecto.

Que faremos, María e Vicent, cun estado que marcha cambaleándose sobre a cuestión da memoria histórica? Ou ben hai moita xente que nunca tomou en serio o franquismo, ou ben está morta de medo. Non hai outra opción. Sempre chegan tarde, dolorosamente tarde, pois fai falta pouca vergoña para dicir a quen non saben onde está o corpo dun familiar que morreu loitando contra o golpe de estado de Franco en 1936, que esta vez si, que poñeranse seriamente mans á obra.

Se é así como actúan agora cos asasinados nas cunetas e paredes de cemiterios entre 1936 e 1939, cando comezarán a investigar a quen exerceron a represión durante o franquismo e os anos posteriores? Denunciouse varias veces que, por medio da Lei de Amnistía, que promulgaron en 1977 co obxecto de lavarlle a cara a España -pois para iso se fixo, cerráronlle as portas a toda investigación penal. Fabricaron aquela lei para protexerse a si mesmos, aínda que para iso tiveran que liberar aos presos antifranquistas.

Non nos enganemos: todas as leis, como aquela Lei de Amnistía, poder ser derrogadas, porque promulga e derrogar leis é unha das características básicas da democracia. Mais cando o farán, se é que o fan algunha vez? 2 anos após a morte de todos os que deberon sentar no banco dos acusados imputados?

Xa teñen algúns exemplos: Arxentina, Chile, México...

Comentarios