Opinión

Soberaní[email protected]

Non se enganen. As palabras non se deixan roubar, sempre haberá pobos que as defendan.


Non se enganen. As palabras non se deixan roubar, sempre haberá pobos que as defendan. Asisto perplexa á deriva con que, desta volta, nos quere agasallar esa organización ¿política? que preside ¿ou presidía?  E non hai tanto… Que complicado é falar sen usar palabras para entenderse con xente que pasa olímpicamente da xente!!! Que triste vivir baixo coirazas homínidas sen atreverse a levar pegado no fondal do tempo un chisco da humanidade nas entrañas. Que tedio é atoparse coa regularidade duns ciclos antinaturais, calculados en longas noites de deseño neoimperialista! Que mágoa  a xente que despreza o desenvolvemento da vida, as pegadas da cultura, a calor das apertas, os bicos con lingua propia!! 

Caramba, non lle hai que temer tanto á vellez sen descomunais cousas que se levar ás cinsas! 

Vivir é compartir. Quen tanta inimizade prodiga ten que se poñer un límite. Non desconfíen tanto da ciencia das palabras, non se resistan a perseguir soños de maior altura que a que mantén con vida o corpo das cousificacións. Deixen de acubillarse no meu corpo, sobre a miña xeografía, de cuspir sobre as nosas decisións soberanas, de sementar  sobre nós os seus propios conflitos internos e externos; os eternos conflitos das e dos apátrida!!! 

A nosa teima non é comer pobos, nin culturas, nin xentes. Vivir do espolio do outro, da outra; iso é algo bastante alleo á nosa cultura

Galiza non se lles ofrece a vostedes para nada, máis ou menos liberada, sempre será moito máis libre e amada que vostedes. Cada recuncho da miña matria-patria ten un nome de seu. A nós iso non nos acarrexa ningún problema. Faltaría! Repasándoos memorizamos os nomes que o noso pobo deitou en cada río, en cada anaco de terra, en cada rochedo á beira do mar… Somos salvaxes, si, coma os indios de Seattle, mais lograremos enviar a nosa mensaxe solidaria a todos os recunchos do mundo.

A nosa teima non é comer pobos, nin culturas, nin xentes. Vivir do espolio do outro, da outra; iso é algo bastante alleo á nosa cultura, á cultura galega que nos tece por dentro e mais por fóra. Nós gozamos coa súa creatividade, saboreamos a súas cadencias. Somos un pobo que vostedes, quen destestan as linguas e palabras, aínda non foron quen de comprender. 

Somos un pobo que vostedes, quen destestan as linguas e as palabras, aínda non foron quen de comprender

Calquera manual básico de sobrevivencia, ou de primeiros auxilios, lles instruiría con sinxelas receitas, para as que case non se precisa máis que un ímpeto de repetición. Repitan todo o que sexa preciso, non teman diluír as nosas ansias de liberación. Sabemos que aínda non somos nin vivimos como quereriamos vivir, mais é cuestión de darlle tempo, de facer, no día a día. Diso sabemos algo, e mais que habemos de seguir aprendendo. Non se ofusquen: as palabras non se deixan roubar, os pobos as defenden. Ningunha cultura do mundo é lixo. Afasten suxos pensamentos, non se degraden. Nunca paga a pena.  Rancor-sopor-rancor-sopor- rancor son  chícharos sen monda; son palabras converténdose en cousas. 

Somos un pobo que vostedes, quen destestan as linguas e as palabras, aínda non foron quen de comprender. Rancor-sopor-rancor-sopor- rancopor- popurrí de chícharos sen monda; son palabras converténdose en cousas. Cousas para quen se reivindican a si mesmos como cousas. Non se confundan connosco, que prexuízos e soberbias non lles empanen o xuízo!! Non desesperen!!  

Nós, agora e sempre, nomear!!

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios