Opinión

Prezado amigo Avilés

A autovía tronzou novamente a pel da túa xuventude, xa podes imaxinar coa complicidade de quen. Non somos unha leira, e millóns de terras son nada, un terreo. Somos un país e cumpriría pensarmos en plural e con aprezo polo futuro e polas transformacións. 

As veces xa non sabemos nin a quen acodir para frear a dor,  pois eliminala de raíz é a maior grandeza,  mais ainda non hai vontade, e ainda que a houbese, o pobo sempre  semella estar condenado a agardar, mesmo con rabia e desazón, mesmo con toda a razón do mundo ás costas. @s desolad@s teñen que agardar activamente  por se  a xustiza chega, @s desafiuzad@s teñen que agardar por se quizais, tras moito tempo, se fai xustiza  ou xa non se fai nada. 

"Canto nos falta a túa palabra precisa e xusta e que tanto  ben nos segue a facer o exemplo xeneroso da túa vida!  Quen poidera compartir de novo contigo os calamares, o viño e a empanada nunha eterna Noia en festas". 

A vontade de arrincar esa raíz da dor e do sufrimento duns polas poutas  duns poucos faisenos inmensa, esa vontade  non é suficiente con ser a única que si é necesaria.  Vontade de mudar e de “romper de norte a sur, Galiza”, que ti anunciabas no inmenso  poema da despedida.

Canto nos falta a túa palabra precisa e xusta e que tanto  ben nos segue a facer o exemplo xeneroso da túa vida!  Quen poidera compartir de novo contigo os calamares, o viño e a empanada nunha eterna Noia en festas. 

Ainda así, grazas por deixarnos o teu  legado  ético-cultural, por achandarnos o camiño cara a liberación de nós e o noso pobo, por adicarnos con agarimo e esmero o teu tempo, por arriscares a túa obra creativa para amosarnos as árbores senlleiras da túa neneza, cando Taramancos era ese poema único e indiviso, polo que agora; se ti vises, chorarías. 

Non sabes canto nos doe non podermos evitar as traizóns a túa raíz, que é a raíz comunal do noso pobo.

A autovía tronzou novamente a pel da túa xuventude, xa podes imaxinar coa complicidade de quen. Non somos unha leira, e millóns de terras son nada, un terreo. Somos un país e cumpriría pensarmos en plural e con aprezo polo futuro e polas transformacións. 

"E doe ver como pasan polas beiras da casa do poeta sen imaxinar todo o que se perdeu coa variante. Non é unha simples vía, é unha vía de desmemoria e extinción"

As persoas que de ti aprendimos tanto  non  puidemos rachar este  xugo, tolo  e sen sentido, que hai tempo terma para que non poidamos avanzar. 

Fomos desprazando a nosa meta para adaptármonos a proxectos que nunca antes albiscaramos nin ninguén nos veu preguntar. E doe ver como pasan polas beiras da casa do poeta sen imaxinar todo o que se perdeu coa variante. Non é unha simples vía, é unha vía de desmemoria e extinción. Mentras vivamos, somos moit@s  @s que manteremos memoria crítica coa mesta desafección que nos persegue.

Non esqueceremos  tanta ignorancia, nin a intransixente pervivencia do minifundismo mental que nos compromete coa destrución dos herdos comunais. Medre pois a vontade, malia tanta perda,  ou deixaremos sen máis  que sexa o propio o tempo quen veña e nos  ampare? 

Aínda pervive con luz propia a túa presenza polas terras de Boa e do Barbanza, iso sabémolo porque aínda hoxe te nomean con admiración e respecto moitas das persoas que tamén te recoñeceron en vida, como cómpre facer cos grandes seres humanos, aínda que non sempre sexa así. 

Camiñas aínda rente a nós acrecentando sempre a nosa mellor vontade. E nós  seguimos a quererte e a precisar da calor da túa creación vital e literaria. Regresar onda ela é como apertar de novo aquela ansia de luz, aquela chama acesa que ti sempre levabas, caro amigo, para nos fortalecer e navegarmos cara aló, até albiscar á terra humana desta nosa atlántica nazón universal, que tanto e tan intensamente nos reclama.
                                                    María Xosé C. Trillo.

Comentarios