Opinión

As minorías

Son minoría, esa esmagadora minoría que goberna con plena desmesura, sabedora de que a súa non é máis unha entre as políticas posíbeis, senón a que están a autopublicitar como a única política con voz de mando nun Estado mínimo disposto a defender con unllas e dentes as ganancias e os beneficios resultantes do capitalismo voraz que eles mesmos sementan. Son reaccionarios, conservadores de privilexios, corrupcións e prebendas para os máis fortes.

Son minoría, esa esmagadora minoría que goberna con plena desmesura, sabedora de que a súa non é máis unha entre as políticas posíbeis, senón a que están a autopublicitar como a única política con voz de mando nun Estado mínimo disposto a defender con unllas e dentes as ganancias e os beneficios resultantes do capitalismo voraz que eles mesmos sementan. Son reaccionarios, conservadores de privilexios, corrupcións e prebendas para os máis fortes. Odian os tecidos sociais, as escasas terapias de  nivelación das desigualdades tamén as aborrecen e o reparto igualitario de bens e de recursos, ergo a mínima mención da democracia tomada esta no seu sentido extenso. 

"Odian os tecidos sociais, as escasas terapias de  nivelación das desigualdades tamén as aborrecen e o reparto igualitario de bens e de recursos, ergo a mínima mención da democracia tomada esta no seu sentido extenso". 

Sementan pobreza e miseria e rin a cachón do ben que lles levan indo os seus grandes  negocios de desmantelar poboacións, pobos e territorios para os pór ao servizo do gran capital no estadio dos abisais xogos de  burbullas financieiras e fiscais con que están a fustigar a todo o planeta. Están arriba e son os representantes dos retortos e atroces emprendedores  do neoconservadorismo. 

Son uns viva a virxe e morran tod@s @s fill@s. A biblia que recoñecen chámase anarcocapitalismo e cada pau que aguante a súa vela e maldit@ quen ouse axudar ou compadecerse de ninguén. Non deberon nin deberan nunca merecer a credibilidade dos pobos. Son Hayecks, son  Nozicks e Friedmans, patriarcas da lei do desorde total da lóxica, dos sentimentos puros, da inocencia da xente, aqueles contra os que Violeta Parra xa nos alertara. Porque o inxusto nunca debera resultar indiferente, hai que combatelos no centro da  súa radical humanofobia.

Actúan no nome de Deus porque son os bastardos dun deus convertido en intelixente mercadoría, un deus-obxecto totalmente afastado da dor e do sufrimento da xente, reencarnado nunha cruz para dobregar ao mundo con apoupos de desenfrenada mortificación. Enorgullécense diso por enriba de todas as persoas, censuran a quen os elixen políticamente e, máis aínda, a quen nunca ousaron facerlles tales agasallos electorais. 

Son o combustíbel  que a  inmensa maquinaria das desigualdades  económicas precisa para soster o funcionamento da desafección democrática, política- estrela coa  que os artífices do neoliberalismo conseguen  ir roubando futuros en case todos os recunchos da terra. 

É curiosa a súa tenaz entrega ao exclusivo labor do desmantelamento de todas as conquistas políticas e sociais gañadas por e para o pobo. Só iso parez liberarlles un sorriso, ese seu riso fachendoso  e autocomplacente. Conmove a súa total entrega á causa política de destripar o mundo da liberdade de expresión e de actuación. Destacan por indolente abnegación e postración ante os facedores do mal alleo, de quen tan gorentosos beneficios persoais tiran.

Cantos corpos e cantas bocas habitan no ventre destes, perennemente desaxustados, contrarrevolucionarios?  Cantas necesidades superfluas lles fican ainda por cubrir? Cantos servizos por lles brindar ás políticas da opacidade? E durmirán cos ollos abertos contemplando as montañas de inversións  furtadas  aos servizos públicos sanitarios, educativos, produtivos, laborais… e ás mulleres, a case todas as ainda non suficientemente indignadas parias do planeta? E daralles  tempo a viaxar e estacionar en todos os luxosos paradisos de tan entregad@s que están ao seu  carísimo traballo de laminar os recursos de tod@s e o futuro dos máis? 

E pararán para poder traguer a súa propia estirpe ao mundo, ou seguirán impoñendo ditames e caóticos decretos asociais mentras alenten? E cómo farán para simular que nunca desfalecen ou enferman de tan mordaz  empeño que poñen en calcular o esmagamento da vida d@s outr@s?

"E quen terán os cabais de pararlles os pés e non dar azas a toda esta loucura? E quen se sumarán a tenderlle unha man para que persista esa súa grande desfeita?" 

E a quen porán para vixiar todo o que aínda non romperon? Quen lles retallará as pensións se non desfán ao ritmo que lles marcan? Quen lles idemnizará por cese da actividade despolitizadora cando perdan nas urnas, malia todas as estratexias de falsa infalibilidade? Unidade para que, con quen, en que lingua, baixo que presuroso  artigo constitucional dun Estado impositor e mínimo, tan mínimo como a minoría exigua  que ese partido representa?

E quen terán os cabais de pararlles os pés e non dar azas a toda esta loucura? E quen se sumarán a tenderlle unha man para que persista esa súa grande desfeita? E diranse socialistas aínda despois dese outro  xesto de aprobación do sistema? E terán vontade de desaparecer deglutidos no ventre das políticas dos populares?  

As súas políticas non concretan nada, ignoran os marcos históricos e as plurais circunstancias colectivas. Non perden o tempo en  pensar alternativas nin á hora de laminar nin tan sequera na súa hora- estrela  de privatizar. Expertos que se din en privatizacións, só fan promoción das súas empresas- estrela, dos seus pucheizos nihilistas. Cociña insulsa e sen alimento. Viven no seo dunha pequena galaxia de endogamia, corrupción  e nepotismo. Son minoría, aplastante minoría asocial. E consentirán en seguir dándolles azas? 

Comentarios