Opinión

Eu non podo

Resposta á distinguid@ actuante do Estouben (un)]
Lin con atención a súa mensaxe, malia que levo xa unha presada de anos sen poder graduar de novo as lentes. Mesmo  así, e aínda que  eu  non acredite en que drásticas chamadas a unha austeridade deste tipo poidan  chegar a supoñer  un grande chimpo para a humanidade, tamén eu quero transferir  a súa causa a razón dos meus desvelos para facerlle chegar  o meu punto de vista. 

[Resposta á distinguid@ actuante do Estouben (un)]

Lin con atención a súa mensaxe, malia que levo xa unha presada de anos sen poder graduar de novo as lentes. Mesmo  así, e aínda que  eu  non acredite en que drásticas chamadas a unha austeridade deste tipo poidan  chegar a supoñer  un grande chimpo para a humanidade, tamén eu quero transferir  a súa causa a razón dos meus desvelos para facerlle chegar  o meu punto de vista. 

"Vou comprobar se o chapapote existiu, se a súa pegada na memoria colectiva existe".

Talvez se trate dun problema de enfoque, pode ser. O que si podo constatar é que para min isto está a resultar moi contraditorio. Chego á casa e teño medo, medo de non poder dar entrado, medo de lles estorbar, un auténtico pavor por seguir viva. Estou sitiada, teño a casa invadida de seres inexpuganábeis, de facturas e de recibos con inexplicábeis  ivas,  con tarxetas sanitarias próximas a caducar, con decretos- lei de expropiación forzosa  de bens , dos nosos valiosos, aínda que escasos,  bens comúns  minguados a machada cada día. E xa non dispoño de forzas para seguir mercando alarmas que me aseguren que ninguén deles deixe de querer apropiarse do que non é seu. Entende?  Sínto que cada día máis o meu cuarto propio  está en perigo  de desaparición. Polo de agora, case que teño que pedirlles permiso para poder entrar, mais non sei cando será  que talvez tampouco poida chegar a saír. Non sei se vostede alcanza a comprender a dimensión da miña permanente anguria. Sinto que alguén anónimo e sen corpo, que unha masa invisibel tenta expropiarme o meu propio cuarto, botarme fóra. 

"Non podo vivir coa imposición dun sistema  de vida que aniquila a vida quer a animal, quer  a vexetal, quer a mineral,  quer a social e humana.  Eu soa xa non podo. Nunca máis!!"  

Quizais é que, de tan pouco tratarme, estou deixando de ver ben. A miña propia casa é un río infestado de riscos e perigos. Eu xa non podo máis. A miña conciencia está cada vez máis próxima a renderse, non podo consumir o necesario para seguir vivindo, pérdome nun mare magnum de palabras baleiradas de sentido. De cando en vez atópome co mundo, co ulido a brea dos feitos, co cheiro dun invisíbel piche inexistente  invadíndoo todo. Non podo reclamar servizos de extinción inmediata para aquilo que din que non existe. Só eu son responsábel de non saber pensar. Que quere que lle diga? Non consigo contemporizar cos patróns do mundo, como  vostede si fai. Eu apenas durmo e cando o fago atópome coa realidade dos seus pesadelos. O único que sei de certo é que eles non están a velar por min, nin polo mar, nin por ninguén, que eles si viven sen soños  e que nin eu nin o mundo estamos ben así (… ) Desculpe que @ deixe así, que non poida eu seguir dialogando con vostede hoxe. Úrxeme saír, existe algo maior que me reclama. Será tan só cuestión de enfoque. Vou comprobar se o chapapote existiu, se a súa pegada na memoria colectiva existe. Teño que saír, non podo ceder a miña voz, o meu espazo, nin tratar  indulxencias coa barbarie. Non podo vivir coa imposición dun sistema  de vida que aniquila a vida quer a animal, quer  a vexetal, quer a mineral,  quer a social e humana.  Eu soa xa non podo. Nunca máis!!   

Comentarios