Opinión

A vitoria fundamental do Celta

Que esta sexa unhas das vitorias máis importantes da tempada para o Celta é, creo, indiscutible. Con máis ou menos fútbol e máis ou menos intensidade, o equipo conseguiu unha vitoria fundamental por todo o que ten de positivo anímicamente para afrontar un novo partido transcental esta semana. O Celta non mereceu perder contra o Atlético de Madrid a semana pasada, pero perdeu; non mereceu perder contra o Shakhtar o xoves pasado, pero perdeu; e este domingo non mereceu perder e, finalmente, non perdeu. E iso, por xustiza futbolística e moral, é importante.

Ao Celta pesoulle a suspensión do Real Madrid coma unha infinita rocha, non polo partido en si senón por todo o 'barullo' mediático que se xereu ao redor do feito en si, afastando sen querer, aos xogadores da concentración lóxica para ese Alavés-Celta transcendental. O partido foi o non-partido do Celta. A partir daí, dous grandes paus e este domingo, por fin, ledicia nun equipo que necesita convencerse de que a vitoria contra o Shakhtar é posible.

A mellor das noticias futbolísticas foi Jozabed, un xogador que me gustaba xa no Rayo Vallecano o ano pasado e de cuxo fichaxe me aledei especialmente

Contra Osasuna, ademais, todo foron boas novas, a vitoria, a primeira. Pero, máis aló dos tres puntos, Pione, Rossi, Joza e Aspas foron noticias excelentes. Pione porque revolucionou ao equipo nos seus mellores momento e marcou un golazo coa colaboración de Rossi, que amosou toda a calidade que ten nas súas botas e todo o que as lesións lle privaron de ser. Rossi xogou o seu mellor partido co Celta. Aspas estivo no campo o suficiente para reencontrarse co gol e, como non podía ser doutro xeito, un gol de autor para enchufarse definitivamente e ter o disparador a punto para o xoves. Pero a mellor das noticias futbolísticas foi Jozabed, un xogador que me gustaba xa no Rayo Vallecano o ano pasado e de cuxo fichaxe me aledei especialmente. Un gol e unha asistencia son unha mostra do que pode ofrecer ao equipo un xogador ao que lle gusta o balón, que ten un eminente carácter ofensivo e que atopou en Aspas ao socio perfecto. Jozabed é un xogador de futuro no Celta e merece minutos para amosarnos todo o que lle pode ofrecer ao equipo.

O mellor é que todos os xogadores da plantilla están listos e comprometidos para a batalla as rotacións funcionaron e os cambios do adestrador déronlle un ar novo ao equipo. O xoves, o Celta loitará por un posto nos oitavos de final da Europa League e este domingo deu o primeiro paso, sendo consciente de todo o potencial e calidade que este equipo ten para gañarlle a quen sexa. Todo é cuestión de querer. 

Comentarios