Opinión

A semana dez do Celta

A semana comezou o sábado 20 cun empate fronte a un Atlético de Madrid que semella aboado aos balóns parados para plantarlle cara ao equipo rival.

A semana comezou o sábado 20 cun empate fronte á un Atlético de Madrid que semella aboado aos balóns parados para plantarlle cara ao equipo rival. O empate a dous goles no Calderón, sufrindo e cun Sergio Álvarez en estado de graza, deulle ao Celta un punto de moral para afrontar o partido do martes contra o Dépor. No derbi o Celta sacou petróleo in extremis, gañando, non só tres puntos, senón tamén unha palmadiña anímica nas costas que cura todos os cansancios e todas as dores musculares. E así, chegamos até Elxe, un campo rocoso onde o Celta conseguiu, de novo in extremis, e case de xeito inesperado, tres puntos que podían ser 10 polo que significan de subidón moral para o equipo. A primeira vitoria fóra da casa foi froito da xenialidade e do bo entendemento entre Krohn Dehli e Nolito.

O Iniesta celeste, cos seus pases, que significan medio gol, está a asinar un inicio de tempada brillante

Cando xa todos dabamos por moi bo un empate, o mago do pase, Krohn Dehli, plántalle a Nolito un balón perfecto que o andaluz é quen de aproveitar e de rematar cun golazo no minuto 89 do partido. O Iniesta celeste, cos seus pases, que significan medio gol, está a asinar un inicio de tempada brillante. Sempre creativo e atento ao seus compañeiros, o dinamarqués é quen de ver pases e rematar xogadas onde os demais só ven dificultades. O venres, entre el e Nolito déronlle a volta ao costume do Celta de encaixar goles no treito final dos partidos. Déronlle a volta á sorte cunha xogada perfecta que deixa moitas lecturas pero que, sobre todo, deixa ver a engranaxe deste equipo, a conexión case total entre as pezas maestras. O gol de Nolito é a recompensa ao desgaste e ao traballo duro e ben feito durante toda esta semana polos celestes. O domingo fronte ao Villareal haberá que procurar manter a sorte do noso lado.

Comentarios