Opinión

O pequeno gran paso do Celta

A ver, o Celta gañou, si, gañou. A pesar da cara de funeral da parroquia celtista ao final do partido e das mensaxes lutuosas nas redes sociais, gañou.

Hai moitas verdades no partido contra o Genk, a máis implacábel é que o ataque do equipo foi tan bo como desastrosa a defensa. O último gol do Genk sobraba, ese gol non ten sentido nunha segunda metade na que o equipo belga só apareceu pola área celeste para marcar un gol case regalado entre Sergio e Jonny. Pero hai otra grande verdade e foi fundamental, a reacción rápida do equipo dándolle a volta ao resultado en menos de 10 minutos. Esa, coa vitoria final, é a mellor noticia do encontro. Repito, gañamos, é bo, non andemos equivocándonos.

O Celta nunca foi quen de gañar por primera vez un partido de cuartos de final, feito que nas anteriores ocasións non foi quen e iso debería ser motivo suficiente para crer e ser optimistas. O equipo crece, é un logro máis, a semana que vén, cun bo número de afeccionados celestes nas bancadas de Genk terá que dar outro que será definitivo en importancia e en historia xogando por primeira vez unha semifinal dunha competición europea.

O resultado é o suficientemente curto para non confiarse E bo pero curto, e é optimista pero cauto. E iso en xeral deixará ao equipo nunha situación de non especular e saír a conseguir un gol rápido cun equipo entragado ao ataque que seguro non deixará que nos confiemos e saiamos ao partido todo o enchufados que non saímos contra o Alavés.

Ese é o partido que guía o noso camiño. Todos os erros que non queremos cometer, todas as leccións que aprendemos e a máis importante, nunca debemos renunciar ao noso xogo e a nosa maneira de ver o fútbol. Non vale defender, só vale atacar e buscar ese gol que nos deixe respirar, e despois dise, outro. O Genk é o equipo perfecto para iso, deixará ocos e loitará por unha vitoria que nós si temos e que, estou convencida, manteremos. O Celta amosou onte que loita e pelexa e que non deixará que este soño morra as beiras dun camiño que nos leva paseniño a grandes metas. 

Comentarios