Opinión

O 'non fútbol' do Levante condena ao Celta

Perder contra o Levante é das peores cousas que che poden pasar na Liga. E perder como onte perdeu o Celta é, por utilizar un símil comprensible, como cando pasas toda a noite estudando un exame, suspendes pola mínima e ben o chulo de turno, saca catro chuletas e aproba o exame raspado. Un noxo.

Perder contra o Levante é das peores cousas que che poden pasar na Liga. E perder como onte perdeu o Celta é, por utilizar un símil comprensible, como cando pasas toda a noite estudando un exame, suspendes pola mínima e ben o chulo de turno, saca catro chuletas e aproba o exame raspado. Un noxo. Non digo que estudiar a noite antes dun exame sexa o mellor método pero polo menos poslle un pouco de vontade. O conto é que o Levante é como os 'listos' da clase que saben todos os xeitos posibles de enganos para aprobar os exames e pasar de curso sen tocar moito os libros. Ao final do ano pasas de curso si, pero o interese posto en aprender é dubidoso.

O Levante é como os 'listos' da clase que saben aprobar os exames e pasar de curso sen tocar moito os libros

Pois si, o Levante é así, un equipo que non ten interese ningún en aportar nada ao fútbol. O seu único fin é gañar os partidos co mínimo esforzo posible. É curioso que nos últimos anos sempre ande metido o seu nome entre a rumoroloxía sobre apaños de partidos, apostas ilegais e demais lindezas. Non é de extrañar porque o que amosan sobre o terreo de xogo é unha aposta polo 'non fútbol'. Só saben esporcallar os partidos até o punto de conseguir o que buscan do rival, un fallo que lles permita iniciar unha contra, marcar un gol e despois pecharse arriba como quen garda un forte. E si, esa é unha opción no fútbol pero que lle aposta ao espectador? Nada. Porque non lles interesa xogar ao fútbol, só lles interesa o 'que' non o 'como'. Lícito é si, pero non lle chamemos fútbol.  

"O Celta saiu ao campo a gañar o partido. Ofreceulle ao espectador opcións de xogo"

A pesar da proposta 'futbolística' do Levante e da molesta chuvia, que caeu incesantemente en Balaídos é foi a causa do apagón que retrasou o inicio da segunda metade, o Celta saiu ao campo a gañar o partido. Ofreceulle ao espectador opcións de xogo, intentouno de todos os xeitos e desde todos os ángulos. Controlou a un rival simplón ao que cada parón do xogo lle serve para perder tempo. Se o comparamos coas xornadas anteriores, esta vez a derrota, como dicía, non foi por demérito celeste, senon máis ben por un toque de mala sorte envenenada. A victoria é un regalo demasiado xeneroso para un Levante que nin sequera fixo méritos para empatar o partido. Ao Celta só lle queda seguir nesa liña e esperar para medir as súas forzas contra un rival que de verdade queira xogar ao fútbol.

Comentarios