Opinión

Menos puntos, máis actitude para o Celta

O fútbol é moitas veces un deporte inxusto.

O fútbol é moitas veces un deporte inxusto. Mentres noutros deportes nun minuto pódeselle dar a volta a un marcador, no fútbol iso é más ben unha especie de milagre. Non pasa nin tendo cinco minutos de marxe. Un equipo pode dominar completamente un encontro e nos últimos minutos botar por terra todo o traballo, encaixando un gol sen tempo para reaccionar e remontar. Ese gol é unha sentenza e cae coma unha xerra de auga fría.

Pois ben, o Celta é o ‘king’ dos goles sentenzas e xa está empapado de tanta xerra de auga que lle caeu enriba. No textiño Efectos celestes, que escribín hai unhas semanas, xa destacaba que o Celta encaixou un gol nos últimos minutos en seis ocasións esta tempada. En catro desas seis ocasións ese gol significou a pérdida dos tres puntos. A pesar de que o encontro en Elx suma o sétimo nesta lista, as sensacións que transmitiu o equipo foron moi diferentes ás outras ocasións. Só o bo traballo defensivo do Elche foi quen de parar os celestes que dominaron o encontro dende o principio até o fin cun gran traballo colaborativo mutuo de todas as posicións do equipo.

O Celta encaixou un gol nos últimos minutos en seis ocasións esta tempada

O Celta xa non é o equipo, en ocasións desastroso, que deixa marchar os encontros en erros defensivos imperdoables. Loita, e loita até o final, non dando un balón por perdido até que escoita o asubío final do árbitro. E este é o Celta que nos gusta, que queremos ver e polo que merece a pena deixar puntos atrás. A pérdida de partidos non implica xa unha perdida de concentración. Os encontros pérdense e o Celta vai perder máis até o final de tempada. Gañará, empatará e inevitablemente perderá. Pero as derrotas ben lidas e analizadas poden significar unha vitoria no partido seguinte, así que, que se prepare o Atlético de Madrid porque o sábado toca gañar en Balaídos.

Comentarios