Opinión

A mellor vitoria posible para o Celta na semana de #onosoderbi

Os que foron ao cine buscando as 50 sombras esas famosas equivocaronse.

Os que foron ao cine buscando as 50 sombras esas famosas equivocaronse. Equivocaronse porque as 50 sombras, ou máis, estaban en Balaídos. Son as que lle fixeron entre Nolito e Orellana a Gabi, Juanfran e compañía cos seus regates. A máis de un aínda lle debe de doer a cadeira dos meneos que lle meteron.

Bromas aparte, o Celta onte volveu ser o noso Celta. Volveu estar confiado no campo, volveu atopar os ocos que precisa para facer o seu xogo e forzou o Atletico de Madrid a botarse tan atrás que apenas tocou un balón na primeira metade do partido. Un gran Celta que semella que deixa definitivamente atrás esas malas noites onde nada saía e que recupera por fin o seu mellor nivel de xogo. Pero aínda así, non todo é perfecto, o Celta continúa a ter un problema nos últimos metros, continúalle a faltar pegada arriba. Na primeira parte perdoou demasiado a un equipo como o Atlético de Madrid que nun momento monta unha contra e quedas mirando con cara de parvo. E así, perdoando e perdoando e dándolle un repaso de xogo e de fútbol ao Atlético de Madrid chegamos a segunda metade. Mesmos actores, pero diferente película.

O Atlético era xa un equipo moito máis recoñecible e moito máis perigoso que na primeira metade. Pero o Celta non abandonou a súa proposta de xogo e seguiu empeñado en facer ben as cousas. E fixoas, sobre todo Nolito e Orellana, que este domingo firmaron un gran encontro. E que decir de Khron Delhi? E tan fundamental este xogador no medio campo do Celta que non entendo a que están esperando para pechar a súa renovación. El é o que crea o xogo. El é o que busca as bandas para darlle medio gol a Orellana. El é o medio campo do Celta. E moito me temo que acabará marchando porque cando unha renovación en casa Celta tarda tanto en chegar, malo. Oxalá me equivoque. Ata Fontás, apagado nos últimos encontros firmou un partido moi serio.

E que decir de Khron Delhi? E tan fundamental este xogador no medio campo do Celta que non entendo a que están esperando para pechar a súa renovación

Pero en fin, todo este 'bonitismo' que agora nos chega coa vitoria fronte ao Atlético de Madrid non nos pode facer esquecer os malos partidos que fixo o Celta. Outro despiste vólvenos meter en problemas e agora si que podemos quedar sen tempo de reacción.

Quedan 14 puntos para a codiciada salvación. O sábado temos a oportunidade de achegarnos un pouco máis ao obxectivo no gran partido do ano, #onosoderbi is back, e vai ser un partidazo. O Celta chega cun subidón e o Dépor pinta ben a pesar da derrota fronte ao Real Madrid. O Atlético de Madrid é xa historia e toda a atención hai que concentrala xa en #onosoderbi, que promete emocións fortes, como sempre!

Comentarios