Opinión

A madurez do Celta perante #onosoderbi

O Celta chega ao final da tempada en plena madurez, sabendo xestionar os encontros e lendo os partidos dun xeito máis experimentado ca os rivais. Ao igual que sucedeu fronte á Real Sociedad ou Getafe, fronte o Valencia o Celta soubo sufrir e agardar até o seu momento para buscar a vitoria. E logrouno de novo. O do Real Madrid foi una 'anécdota' que quedeu ben esquecida.

Foi un partido raro o do Valencia, a situatión do equipo 'che' non axudaba para ver con claridade o que pasaría no encontro e así foi. Ao final o Celta gañou e machucou os valenciáns nos últimos 15 minutos do encontro. Pero xusto antes foi o Valencia o que podería ter marcado o/os goles pero a súa ansiedade e a boa defensa do Celta evitárono. O Valencia foi nas mans do Celta un 'xoguete roto'. Tras o gol que se inventaron entre Nolito, Orellana e Guidetti, o equipo quedou K.O. e partir de aí o Celta puido marca dous ou catro goles.

A madurez que amosa o equipo vai acompañada pola madurez do 'Toto' Berizzo que, sabedor das limitacións físicas dos xogadores neste tramo final da tempada, está a xestionar os partidos dun xeito efectivo e solvente. Buscando a vitoria, si, pero sen 'queimarse' máis do necesario.

A semana de #onosoderbi

Madurez esencial, por outra banda, para afrontar #onosoderbi con todas as garantías. Chega o “partido do ano” no mellor momento da tempada en canto a motivación e intensidade. O Celta non sae aos terreos de xogo a especular, sae a gañar sabedor de que tanto Sevilla como Athletic van loitar até o final por quedar o máis cerca posible da Champions. A quinta posición e o goal-average a favor con Villarreal e Sevilla poñen ao equipo nunha situación privilexiada, con posibilidades de todo, incluso de asaltar a cuarta praza, a tan só seis puntos. O equipo é un grupo unido e forte, que se axuda no campo e que, en moitas ocasións, xoga de memoria. Pero, como dixen, Berizzo está a ler maxistralmente os encontros e os rivais e o Celta non é xa o equipo previsible do inicio da tempada, adapta o seu xogo ao rival.

Chega o “partido do ano” no mellor momento da tempada en canto a motivación e intensidade

Certo é que un derbi é un derbi e iso implica que a motivación xoga un papel fundamental e a táctica queda moitas veces queda irremediablemente nun segundo plano. De seguro a intensidade e a atitude gañadora marcaran o encontro, que,si, é a festa do fútbol galego e todos desexamos que siga enfrontándonos por moitos anos en Primeira. O Celta ten unha débeda pendente da primeira volta e achégase ao partido con demasiados puntos positivos como para non cobrala.
 

Comentarios