Opinión

Luis Enrique e os golpes de sol

O certo é que cando onte vin o once titular do Celta pensei que a Luis Enrique lle derá un golpe de calor porque coa tardiña que estaba ben podería ter sido así. E os golpes de calor, ben se sabe, poden ser fatídicos. Entón lembrei que a min xa me dicían de pequena que cando ía moito sol tiña que meterme na auga amodiño, mollando os cóbados e a caluga primeiro para non levar un susto. Pero a min gustábame vivir os veráns ao límite e entraba na auga como quen vai salvar a un náufrago, deixando atrás cóbados, calugas e demais 'meijerías'. E nun momentiño entendín que Luis Enrique era coma min de nena, unha persona decidida e coas ideas claras. Só así entendía eu o cambio que lle fixera ao Celta de medio campo para atrás. 

O certo é que cando onte vin o once titular do Celta pensei que a Luis Enrique lle derá un golpe de calor porque coa tardiña que estaba ben podería ter sido así. E os golpes de calor, ben se sabe, poden ser fatídicos. Entón lembrei que a min xa me dicían de pequena que cando ía moito sol tiña que meterme na auga amodiño, mollando os cóbados e a caluga primeiro para non levar un susto. Pero a min gustábame vivir os veráns ao límite e entraba na auga como quen vai salvar a un náufrago, deixando atrás cóbados, calugas e demais 'meijerías'. E nun momentiño entendín que Luis Enrique era coma min de nena, unha persona decidida e coas ideas claras. Só así entendía eu o cambio que lle fixera ao Celta de medio campo para atrás. Ben é certo que a falta de Oubiña obrigaba a un cambio no centro do campo e que iso necesariamente podería facer varíar todas as liñas de xogo. Pero a Luis Enrique vaille a marcha e puxo a debutar en Balaídos no centro da defensa a un rapaz practicamente chegado do xuvenil e de parella tocoulle Jon Aurtenetxe, outro recén chegado ao equipo. O elexido para ocupar o sitio de Oubiña foi Fontás, até o de agora defensa central, e para rematar o once deixou a Michael Krohn Delhi, un dos mellores na estrea do equipo en Balaídos, sentado no banquño. E até aquí os meus pensamentos preliminares do partido.

"Entendín que Luis Enrique era coma min de nena, unha persona decidida e coas ideas claras. Só así entendía eu o cambio que lle fixera ao Celta de medio campo para atrás".

O que pasou desde o asubío inicial do árbitro até o final do partido, alén do resultado, foi que o equipo se acoplou perfectamente, que Aurtenetxe semellaba levar no equipo toda a vida, que Fontás non nos fixo botar de menos a Oubiña, que Álex López volve ser o Álex López dos bos tempos, que Rafinha funciona e que David Costas, un rapaz de 18 anos, ten unha esperanzadora proxección. Esta claro que o equipo necesita rodamento pero a mellor noticia é que o cadro celeste é o suficientemente versátil como para suplir a falta dun home chave no equipo como é Oubiña. É iso, na terceira xornada de liga para un equipo que apiques estivo de baixar á segunda división o ano pasado reflexa o ilusionante deste proxecto.

Ao final o golpe de sol de Luis Enrique tivo máis de proveitoso que de fatídico.

Comentarios