Opinión

As luces e as sombras do Celta

Ao Celta a estas alturas da tempada e na situacion na que está o equipo non hai nada que criticarlle. Ou, mellor dito, non habería. Pero, a crítica, digamos, é constructiva e se o Celta quere xogar en Europa a vindeira tempada e ser competitivo, estaría ben tomar este equipo como referencia do que si e non haberá que repetir.

O si é claro, o equipo, a unidade, a boa conexión entre os xogadores e o equipo técnico. O Celta é un equipo unido e solidario onde as individualidades non teñen un peso específico. Como ben repite Berizzo unha e outra, neste Celta non hai ninguén imprescindible.

Sen embargo, o equipo segue sen ter un banquillo suficiente para afrontar con todas as garantías os partidos e os xogadores titulares están cansos. As lesions están a ter unha presenza perigosa no equipo nesta recta final da tempada. O sábado Wass e Beaucue deixaron o terreo de xogo con poucos minutos de diferenza. A tempada acabouse para o francés e de seguro Wass non xogará fronte ao Espanyol. O do Espanyol é un partido trampa, preséntase chave para a loita polas posicións europeas pero ao que o Espanyol chega en necesidade de certificar a súa permanencia en Primeira. E chega o martes, sen tempo de analizar con profundidade o partido fronte ao Betis. Un partido no que ao Celta víuselle de novo demasiado revolucionado nos últimos metros pero sen ideas claras.

Unha cousa é clara, os xogadores do Celta precisan descanso, pero mental fundamentalmente, como digo, nótaselles faltos de ideas e de frescura nos últimos metros. Pero, de novo, o maior problema é que dende o banquillo non existe un revulsivo do que botar man para cambiar a dinámica do equipo.

Os xogadores do Celta precisan descanso, pero mental fundamentalmente, como digo, nótaselles faltos de ideas e de frescura nos últimos metros

Estas cinco xornadas até o final da tempada serán duras para os xogadores, o soño europeo precisa dun arreón final dun equipo fisicamente castigado e fatigado. A ilusión debería de matar cada dor e cada calambre.

E é aquí onde a afección debería xogar un papel fundamental nestas ultimas xornadas de liga. A unidade do equipo da que falaba anteriormente atopa no Celta atopa a súa prolongación nas bancadas. Como sempre o fixo cando o equipo o precisou. Nós crimos no 4% e axudamos ao equipo a loitar polo 'milagre'. Agora o equipo precisa de novo deses desplazamentos masivos para ser as pernas e a cabeza do equipo. A viaxe a Bilbao en dúas semanas preséntase como o gran desprazamento no partido máis importante das últimas xornadas. O cometido é darlle ao equipo todos os folgos para sufrir e loitar cada punto. Quedan cinco partidos, cinco finais, cada punto é un logro e cada tres achegámonos un pouco mais ao desexado soño, o de ver ao noso Celta conquistando de novo Europa.

Comentarios