Opinión

As inseguridades e a mala sorte do Celta

Que non nos engane o resultado, o Celta amosou o sábado no Sánchez-Pizjuán que é mellor equipo que o Sevilla, que ofrece mellor alternativas e que a súa dianteira ten o punch e a agresividade necesarias para competir en primeira con garantías.

Pero, como en moitas historia, aquí hai un pero que dificulta as aspiracións do equipo, especialmente cando o Celta é quen de facer o máis difícil, poñerse por diante no marcador. Non é tanto un problema global da defensa diría, e máis un problema puntual, de falta de concentración ou incluso de motivacións persoal. Non é xusto cargar todo o peso dunha derrota non xogador cando os erros individuais sumados levan ao resultado final pero, o sábado Jonny volveu ser de novo o xogador máis desaxustado nas tareas defensivas. Mala sorte ou coincidencias nefastas, pero perdeu a marca de Muriel no primeiro gol do Sevilla e no segundo deulle a Sanabria todo o tempo do mundo para asistir a Nolito no gol.

Eses erros que lle están a costar puntos e goles responden moi probablemente a un problema de inseguridades crónico do equipo. O Celta non semella ter a seguridade e confianza necesaria para ser quen de liderar o xogo e os partidos cando consigue marcar primeiro. O sábado o equipo tivo na súa man o 0-2 pero por 'x' razóns foi imposible que o balón entrara na portería e cando entrou, o árbitro estivo quizáis demasiado riguroso cando anulou un gol que na maioría dos casos é legal, cunha man case inexistente.

O Celta non mereceu perder o partido contra o Sevilla, ofreceu máis alternativas no xogo fronte a un equipo que está lonxe de amosar unha imaxen convincente no terreo de xogo, demasiado rácano e favorecido pola efectividade de cara ao gol. O Celta deixou unha boa imaxe pero esa sorte en fronte da portería que lle favoreceu en partidos anteriores non apareceu nas innumerables oportunidades para conseguir o empate. Maxi Gómez por tres veces, Pablo Hernandez e Hugo Mallo fallaron clarísimos goles estando practicamente sós en fronte dos 3 paus. E iso nesta liga é fundamental.

Contra o Atlético o equipo tivo unha sorte semellante, deixando boas sensacións pero incapaz de furar a rede rival. Nese caso o equipo tivo de traballar para sobrepasar a ben pechada defensa atlética pero contra o Sevilla foi quen de superar as marcas rivais, moveu o balón con determinación e fixo o máis difícil, superar as liñas de presión rival e poñerse en claro situación de gol. E iso é algo positivo porque neste camiño de adaptación no que se atopa o Celta xerar perigo é un bo síntoma de que as cousas acabarán axustándose. O do Sevilla é pasado pero o futuro pasa por gañarlle ao Leganes o vindeiro vénres e que todos eses goles que quedaron no camiño acaben entrando na portería rival.

Comentarios