Opinión

In Luis Enrique we trust

O sábado a iso de media hora antes do comezo do encontro fronte ao Levante a comunidade celeste do Twitter comezou a botar fume.

O sábado a iso de media hora antes do comezo do encontro fronte ao Levante a comunidade celeste do Twitter comezou a botar fume. A razón? Una nova mostra de que o 'luisenriquismo' está máis vivo ca nunca. E por 'luisenriquismo' eu entendo o Luis Enrique style. Só el é quen de deixar á parroquia celeste e ao equipo rival con cara de parvos ao ver o once que tiña preparado.

A liña da defensa contra o Levante era inédita esta tempada. Hugo Mallo no banquiño e Jonny ocupando o seu posto, Cabral e Íñigo López de parella de centrais e Aurtenetxe volvendo á banda esquerda. O medio do campo tamén estaba de estrea con Fontás de xefe de obra e acompañado de Augusto e Madinha. Só a liña ofensiva lembraba o Celta doutras xornadas con Orellana, Nolito e Charles comandando o ataque. Un tótum revolútum que, aínda que a priori parecía que só tiña sentido na cabeza de Luis Enrique, non resultaba de todo molesto. Se unha cousa leva amosando o xixonés dende a súa chegada ao Celta é que non é un entrenador común e que non ten problema ningún en cambiar o equipo as veces que faga falta en función do rival. Pode que ao comezo da tempada os seus cambios no once levantaran na afección máis malestar que ledicia, pero hoxe en día Luis Enrique semella ter deixado atrás a desconfianza da afección, incluso da parte menos fan do asturiano. O certo é que non se lle pode poñer nin un 'pero' ao plantexamento que fixo do encontro. Na primeira metade o Levante non foi nin a sombra do equipo que é no seu campo. O Celta deixouno noqueado. Na segunda parte o conto cambiou pero, ben grazas á boa actitude do Celta ou á sorte, o certo é que o Celta volveu para Vigo con tres puntos que nos achegan un chisco máis á permanenecia.

non é un entrenador común e non ten problema ningún en cambiar o equipo as veces que faga falta en función do rival

Ao final o que sacamos de positivo do encontro do sábado foi ver que temos un equipo no que, como incansablemente lembra o adestrador celeste, todos contan e todos teñen oportunidades. E iso provoca que todos estean alerta e listos para entrar no once. Sen embargo, a parte negativa é que nesta última ocasión a presenza da Madroa no once inicial reduciuse a Jonny, Yoel e Madinha, sendo só dous, os xogadores galegos presentes no equipo.

Comentarios