Opinión

O celtismo é...

O Celtismo é... ... gañarlle ao Madrid con contundencia na última xornada de liga na casa o día que o Celta celebra o seu 90 aniversario

O Celtismo é... ... gañarlle ao Madrid con contundencia na última xornada de liga na casa o día que o Celta celebra o seu 90 aniversario, despois dunha gran segunda volta, sumando a cuarta vitoria consecutiva e coa salvación xa conseguida.

Celtismo é berrar a nosa versión do Miudiño "Eu traaaaaaaio unhaaaaaa borracheiiiiiiiraaaaaaaa, deeeee viiiiiiño que auga non bebo, mira, (hey!) mira Maruxiña, mira, (hey!) mira como eu veñoooooo".

Celtismo é humildade, non pretender ser o que non somos.

Celtismo é o 20 de abril de 1994.

Celtismo é que un neno de catro anos que aínda non sabe ler diga de corrido a aliñación do Celta cos ollos brillantes de orgullo.

Celtismo é diversidade.

Celtismo é o meu compañeiro de bancada que leva 61 anos como socio e que cada semana me ilustra coa historia de Balaídos

Celtismo son cada unha das peñas do Celta, desde Vigo até Caracas.

Celtismo é irracionalidade.

Celtismo é o meu compañeiro de bancada que leva 61 anos como socio e que cada semana me ilustra coa historia de Balaídos cando me conta que "o fútbol agora é facilísimo, había que ver como xogarían estes cando esto era unha lameira". Ou cando me calma dicíndome "ti como cres que se chega a 61 anos sendo socio domingo tras domingo? Pois aprendendo a non sufrir e controlando os nervios, senon, filliña, é imposible".

Celtismo é cambiar o autobús polo catamarán e aventurarse a ir desde a Illa de Arousa a Vigo cruzando as Rías non medio dun mar bravo coma eles, os da Peña Carcamáns.

Celtismo é familia, é comunidade.

Celtismo tamén son os Balaidistas rancios.

Celtismo son os miles de afeccionados de fóra de Vigo que chegan a Balaídos todas as fins de semana.

Celtismo tamén son os Balaidistas rancios.

Celtismo é Alejo.

Celtismo é Michu.

Celtismo son as primas de mexilóns e de viño Albariño.

Celtismo é sufrimento.

Celtismo é non abandonar ao teu equipo nos peores momentos e conseguir o imposible, que se salve con 37 puntos.

Celtismo son os afeccionados que encheron Peinador para abrazar aos xogadores á volta de Granada.

Celtismo é alegría.

Celtismo son os xogadores da canteira espallados polo mundo predicando a doctrina celeste.

Celtismo son as primas de mexilóns e de viño Albariño.

Celtismo é sufrimento

Celtismo é Albarito.

Celtismo é andar por Coruña pensando que todo o mundo te mira raro porque saben que polas túas veas corre sangue celeste.

Celtismo é Vlado Gudelj.

Pero sobre todo, o Celta e o celtismo é a súa xente, os seus afeccionados, a súa historia. Os xogadores veñen e van. Os entrenadores veñen e van. Os presidentes veñen e van. Pero os que sempre están, estiveron e estarán, xeración tras xeración, son os afeccionados. Son eu, es ti. Somos todos os celtistas de corazón que crecimos entendendo e pensando en celeste.

Comentarios