Opinión

O Celta volve quedar con cara de parvo

Xa cando semellaba que a 'tortura do sábado noite' ía rematar cun puntiño para o Celta, aparece o listo da clase Sergio García

Xa cando semellaba que a 'tortura do sábado noite' ía rematar cun puntiño para o Celta, aparece o listo da clase Sergio García para estragar o conto e prolongar aínda máis o tormento. Pois si, 90 minutos máis ben aburridos no que o único que propuxo algo sobre o terreo de xogo foi o Celta.

Serei esaxerada, non digo que non, pero o partido entre o Espanyol e o Celta en Cornellá o sábado pola noite foi de todo menos entretenido. Xa o din as estatísticas postpartido, tiros a porta entre os dous equipos: cinco. Cinco! tres para o Espanyol e dous para o Celta. 90 minutos de partido e só foron quen de tirar á portería cinco veces. Algún 'friqui' das estatísticas que vise os números do encontro pensaría, sen ningunha dúbida, que a 'película' debeu ser de esas que máis promoven a sesta, que a festa. Pois o peor do asunto é que levaría toda a razón. As estatísticas neste caso son un bo reflexo da realidade. Boísimo diría.

90 minutos de partido e só foron quen de tirar á portería cinco veces

Un Espanyol Celta, a priori, non está marcado en vermello entre os partido do ano, pero unha cousa é esa e outra ben distinta lanzarlle un dardo narcotizante ao espectador e deixalo sen opcións de desfrute. O Celta saíu ao terreo de xogo con gañas de xogar ao fútbol, de propoñer cousas, de ter o balón... pero de seguido entendeu que o Espanyol non tiña tales planes é que o que buscaban os 'periquitos' era máis o xogo directo e esperar un erro celeste co que facer dano. Dito e feito. Minuto 88, lea na defensa do Celta que lle permite a Sergio García lanzar a portería sen oposición. Fin da historia na que o Celta, malia que non foi un partido apaixoante de fútbol, fixo o que tiña que facer e levou case sempre a iniciativa do partido. Só un único despiste evitou voltar a Vigo cun puntiño máis na conta.

Comentarios