Opinión

O Celta sae do pozo negro

Ben mirado, o resultado de onte era o esperado. Se ollamos o calendario de liga sempre están eses partidos nos que máis ben poderiamos apostar polo 1 ao facer a quiniela.


Ben mirado, o resultado de onte era o esperado. Se ollamos o calendario de liga sempre están eses partidos nos que máis ben poderiamos apostar polo 1 ao facer a quiniela. É o de onte era un deles. O Atlético de Madrid está disposto a non deixar escapar ao Barça en solitario e ameaza o seu liderado cun Diego Costa en horas altas, que cada vez que toca o balón ameaza perigo. O Atlético ten, ademais, unha das apostas más ofensivas da liga e cada regalo que lle fai o rival converteo en gol. E o Celta segue a facer moitos regalos en defensa. A zaga céltica chega tarde a maioría das veces e onte os homes do Atlético gañáronlle a posición en máis dunha ocasión. Un Yoel brillante e a falta de acerto evitaron un resultado máis abultado na primeira parte do encontro. Pero o Celta onte non se viu superado polas circunstancias e foi quen de sacar a cabeza do chan e tirar cara adiante sen medo. 
A segunda metade foi reflexo dese Celta das primeiras xornadas, con chegada, con decisión, con ímpetu. A entrada no campo de Nolito, Mina e Madinha déronlle ao Celta moita máis chegada. Desatascaron o medio do campo e permitíronlle a Rafinha, gris até ese momento, chegar arriba con máis liberdade para ser o xogador chave que precisa o Celta. A partir deses minutos viuse ao mellor Celta, que marcou un gol e que a piques estivo de empatar o encontro. A pesar da derrota, as sensación e a imaxe do equipo dista bastante da vista nas últimas semanas. E ese é o síntoma necesario para a mellora. 
O desexable é que esta só fóra unha mala racha, un desaxuste froito das novas ideas que aínda están a asimilar os celestes. Ás portas dun novo parón ligueiro, o esperable é que o equipo mire cara aos minutos da segunda metade contra o Atlético é esqueza o partido contra o Getafe, exemplo do 'non fútbol'. Outubro, mes no que visita Balaídos o Barça, o que todos queremos e voltar a ver ao equipo valente, audaz e ben acoplado que vimos nas primeiras xornadas ligueras porque, como ben sabemos, "habelo, haino".