Opinión

 O Celta perde (momentaneamente) o control

O mellor que se pode facer co partido que onte (domingo) enfrontou ao Celta e as Palmas e coller papel e boli e enumerar

O mellor que se pode facer co partido que onte (domingo) enfrontou ao Celta e as Palmas e coller papel e boli e enumerar. Enumerar un a un todos os fallos do equipo que o levaron a pasar de ter un partido controlado gañando 3-1 a deixarse empatar e case pedir ahora na segunda metade. O Celta leva tres partidos, os tres primeiros da tempada, xogando contra 10 homes a meirande parte do encontro. Casualidades ou non, a realidade é que salvo no partido do Rayo, a imaxen do Celta fronte ao Levante e onte fronte ás Palmas non foi boa. Especialmente mala foi a cara que amosou o equipo onte, superado por un equipo canario que non se relaxou e aínda xogando cun home menos e con dous goles en contra mirou cara arriba querendo xogar e dando a cara.

O Celta desapareceu do terreo de xogo. Despois do segundo gol, decidiron que o partido estaba gañado e que o de gastar forzar de balde non estaba nos plans previstos. Erro. Básicamente o erro estivo na idea equivocada de que o Celta, gañando 2-0 e cun xogador menos, tiña o partido gañado. Máis aínda condo enfronte tes un equipo que xa sabe a que xoga o Celta e que non se amedrenta. O mellor que lle puido pasar ao Celta é que se chegara ao desconto para aclarar as ideas e pechar por fin un partido que as Palmas se empeñara en abrir.

"O Celta desapareceu do terreo de xogo. Despois do segundo gol, decidiron que o partido estaba gañado e que o de gastar forzar de balde non estaba nos plans previstos"

No inicio da segunda parte, o Celta volveu amosar a súa mellor versión e aos tres minutos foi quen de marcar o esperado gol definitivo. Pero, de novo, volveu a relaxación e a 'espasmo' domingueril. O Celta deulle as Palmas tantas facilidades para marcar que o difícil tería sido que non marcara. E ademais das facilidades deixoulle crer que podía remontar o partido. Eles crérono tanto que o partido entrou nuns minutos tolos no que o Celta pasou verdadeiros apuros e no que o equipo de Berizzo perdeu absolutamente o control do partido. Control que nunca chegou a ter por completo e que, a pesar, da súa superioridade numérica regalou por completo ás Palmas na segunda metade. Os cambios ofensivos de Berizzo non axudaron a un equipo que se vía perdido no terreo de xogo, xogando ao chou e sen saber moi ben como encarar a portería de Lizoain. Só nos últimos minutos do encontro, e froito da desesperación que supón perder dous puntos iloxicamente, o Celta tivo claras ocasións de marcar o gol da vitoria. Sen embargo, a realidade é que ese gol non chegou e o sentido común e o visto no terreo de xogo din que ese gol tería sido tremendamente inxusto para as Palmas, que mereceu cada un dos goles que marcou.

O lado bon, que o hai, é que o partido non se perdeu, que o Celta segue a estar invicto e que o domingo o equipo ten unha nova oportunidade para amosar ese fútbol que todos botamos de menos e que onte só se deixou ver de xeito moi intermitente.

Comentarios