Opinión

O Celta entra en bucle

Se alguén non viu o partido do Celta o sábado estou segura que se preguntará como é posible que o equipo pasara de firmar uns minutos de xogo brillantes a encaixar en propia porta o segundo gol txuri-urdin e resoprar aliviado ao ver que o árbitro asubiaba o final do encontro. 

Se alguén non viu o partido do Celta o sábado, estou segura que se preguntará como é posible que o equipo pasara de firmar uns minutos de xogo brillantes a encaixar en propia porta o segundo gol txuri-urdin e resoprar aliviado ao ver que o árbitro asubiaba o final do encontro. A resposta non é doada pero ten moito que ver coa baixada de intensidade e a relaxación na presión. O encontro do sábado semellou un calco do da semana pasada fronte ao Córdoba, coa diferenza de que os mellores minutos do Celta foron contra a Real moito mellores que contra os cordobeses. O equipo está cada vez máis compenetrado e iso permítelle ao espectador desfrutar duns minutos de fútbol case perfectos. O problema é que, como pasou o sábado, se se reduce demasiado a marcha fronte á un equipo como a Real Sociedade, as posibilidades de saír mal parados son bastante altas. E así foi.

A saída de Alex López do terreo de xogo non lle sentou ben ao equipo

A saída de Alex López do terreo de xogo non lle sentou ben ao equipo. O Celta relaxouse demasiado e abandonou os bos minutos de fútbol para entrar nunha relaxación innecesaria e inexplicable cando aínda faltaban minutos dabondo por diante para que a Real lle dera a volta ao resultado. Pablo Hernández non está aínda ao nivel do resto do equipo (tampouco sabemos se o chegará a estar) e o sábado a súa entrada no terreo de xogo non lle aportou nada novo ao Celta. Con Álex no céspede o Celta chegaba con máis facilidade á portería rival e, sobre todo, o equipo baixou á presión que estaba a exercer na Real Sociedad. O de Ferrol é un xogador que presiona moito máis arriba que Hernández, máis asentado no medio do campo, e iso pasoulle factura ao equipo cando necesitaba un plus de agresividade para lograr un gol que lle dera definitivamente a tranquilidade e os tres puntos.

Así, a Real viu que o Celta lle daba un motivo para creer e non o desbotou, comezou a sentirse máis comoda no terreo de xogo sen a presión asfixiante dos últimos minutos da primeira metada e comezou a chegar á portería de Sergio sen problemas. Ao final, o gol pareceía algo inevitable. Case algo esperable. O segundo chegou nunha mestura de despiste e mala sorte. Inxusto? Non, resultado xusto e merecido para unha Real que semella estar abonada a isto das remontadas.

Comentarios