Opinión

Deslocalizar

Imaxinemos unha empresa privada que, durante trinta anos, invertese moitísimos cartos en aclimatar unha serie de edificios para levar adiante as súas actividades nas inmediacións dunha cidade costeira. Ao longo deses trinta anos, a devandita empresa consegue artellar unha boa comunicación de transporte público coa cidade, mesmo consegue trasladar algunhas vivendas, reactiva un chisco a vida das aldeas limítrofes co persoal que vai comer nos restaurantes próximos nas súas pausas e o que decide vivir afastado do núcleo urbano. A empresa, ademais, conta coa vantaxe de aglutinar os servizos e o persoal, de xeito que a comunicación e interacción entre departamentos é moito máis eficaz.

De repente, pasados eses trinta anos, e sen unha explicación clara dos motivos, a empresa decide abandonar todas esas instalacións e trasladar todas as súas oficinas ao centro da cidade, esparexidas por edificios que precisan rehabilitación e novos investimentos. O único argumento ofrecido cara ao persoal e cara á cidadanía: estar máis integrada na cidade e reducir os tempos de transporte.

Estou certa de que esta historia resultaría incomprensible para calquera mente do mundo empresarial. Mais exactamente isto é o que nestes días anuncia a Universidade de Vigo. Pasando por alto as necesidades do alumnado que vén de fóra de Vigo, agravando os problemas de tráfico e aparcamento da cidade, desatendendo as necesidades de cohesión da comunidade universitaria, decide ceder os cartos públicos investidos non se sabe aínda moi ben a quen.

É certo que o CUVI está a unha distancia relativa da cidade (hoxe en día uns 20 minutos nas lanzadeiras), mais non sei como pode reducirse iso tendo que moverse pola cidade, algo moito máis complicado en moitos sentidos. Para min, que estudei nese campus e impartín docencia en época de peores conexións, habendo boa frecuencia de buses e enlaces, a distancia redúcese ao irrelevante a cambio da tranquilidade e da concentración no estudo que se consegue no “monte”. Mais hai un argumento se cadra menos visible e máis importante, que ten que ver coa deslocalización da acción estudantil e docente, do activismo que só nace do contacto próximo. Desmembrar un espazo fisicamente (en Galicia sabémolo ben) implica desmembrar tamén a colectividade que pode facer fronte a atropelos. A calidade da universidade dáse investindo nas persoas e creando esa comunidade, non deslocalizándo

Comentarios