Opinión

A xeración á que quixeron facer fracasar

Todas as mañás, a mesma ceremonia: erguer o corpo aínda durmido, esterricarse, poner os pés nas zapatillas, recoller o cabelo.

Escoller  roupa limpa no armario, ducharme, preparar café e ler as noticias na prensa.
Cada día, o mesmo.

Todas as mañás, a mesma ceremonia: erguer o corpo aínda durmido, esterricarse, poner os pés nas zapatillas, recoller o cabelo.

"Eu son unha pequenísima fracción da porcentaxe desa xuventude excelentemente preparada, filla da clase media que se extingue a pasos de xigante en España". 

Escoller  roupa limpa no armario, ducharme, preparar café e ler as noticias na prensa.
Cada día, o mesmo.

Déixome bombardear, entre grolo e grolo, con crises, fraudes, subas de impostos, corrupción política, estadísticas da catástrofe, listas do paro, infantas amnésicas e contas en b. E mentiras, moitas mentiras, sen descanso.

E déixome estar.

Eu son unha pequenísima fracción da porcentaxe desa xuventude excelentemente preparada, filla da clase media que se extingue a pasos de xigante en España. Son unha farangulliña dese monte de xoves que fomos á Universidade, e ó Conservatorio, e a clases de idiomas, e de Erasmus, e que lemos libros, moitos libros e imos a recitais e a exposicións de arte moderno, e sabemos de cine e de teatro e de filosofía, con aspiracións a triunfar na vida, iso para o que tanto e tanto se nos preparou durante anos, moldeándonos o carácter e creando en e para nós unhas altísimas expectativas.

E agora qué? Síntome defraudada.

Cada mañá. Día tras día e en cada hora. 

"Son eles, os que mandan, os que intentan por todos os medios facer que eu me sinta unha fracasada. E non o son. Non son un fracaso. Mentres sexa capaz de ver toda a desolación e  podremia en que me somerxen á forza cada mañá"

Porque vivo nun País e nun Estado gobernados por paletos chuchacirios que, ó contrario que nos contos, saen coa súa e aquí non pasa nada. Onde se aplaude a rabear a mediocridade e se amoca o talento e o esforzo. Onde o partido é a chave para todo e a traxectoria profesional e académica e a excelencia na profesión se pisan e ningunean. Onde se segue celebrando a expulsión dos Ilustrados e a volta da Inquisición. Onde ser sobresaínte na masa significa perder a cabeza. Onde os bancos rouban a mans cheas a quen xa non lle queda nada, e aínda presumen de que lles debemos vasalaxe. Onde se premia con fartura a vagancia e o parasitismo e o “todo vale”.

Porque así tén que ser. Porque así resultou ser sempre.

E son eles, os que mandan, os que intentan por todos os medios facer que eu me sinta unha fracasada. 
E non o son. Non son un fracaso. Mentres sexa capaz de ver toda a desolación e  podremia en que me somerxen á forza cada mañá (desfiuzamentos, quebras, ERES, pobreza, suicidios, precariedade) e de sacar forzas para denunciar e manifestarme berrando ben alto, sei que nunca fracasarei. Que nunca fracasaremos. 

E que serán outras as cabezas as que acabarán rodando.

Porque esa xeración perdida da que falan non existe, é outra mentira máis. 

Porque nos temen. 

Porque somos a xeración á que quixeron facer fracasar, e non o conseguiron.

Comentarios