Opinión

Corenta anos de BNG, a resposta galega ao 23-F

O BNG fixo 40 anos. Nunha foto de Xan Carballa, para A Nosa Terra, vese a Néstor Rego nun extremo da mesa que ocupa a comisión xestora. Ao outro lado, de penúltimo, Xaquín Leiceaga, hoxe no PSOE (que pensará do seu cambio de sigla, tendo en conta a actual composición do Parlamento?). Repartíranse 1.500 tarxetas de asistencia. Finalmente pasaron polo frontón de Riazor 1.100 persoas, falo de memoria. Na votación máis numerosa participaron algo máis de 700.

Que o BNG celebre o seu corenta aniversario significa que xa ten implantación en todas as franxas de idade. Dentro e arredor do Bloque conformouse unha cultura política. As culturas políticas corren sempre o risco de exercer sobre os demais un certo sectarismo, pero sen elas non é posíbel soster unha organización. O BNG é xa unha institución dentro do país.

Porén, hai que escoitar tamén as críticas. "Botarán corenta anos máis fóra do goberno", espetoulle estes días Alfonso Rueda, a Ana Pontón. O Presidente da Xunta metía o dedo na chaga. Salvando os catro do bipartito, o BNG permaneceu 36 anos na oposición.

A que se debeu? A falta de intelixencia política? A prácticas autoritarias herdadas da ditadura por parte dalgúns dirixentes? Á pouca madureza da organización en xeral? Sen dúbida houbo algo ou moito de todo iso. Pero vexamos o contexto no que nace o BNG. Probablemente encontremos outras razóns.

Un ano antes, o 23 de febreiro de 1981, tivera lugar un intento de golpe de estado que fracasou por falta de apoios suficientes. Pero o 23-F demostraba que había importantes e poderosos sectores descontentos coa evolución do país. A Constitución, a pesar das súas limitacións, abría un campo de xogo, era ambigua e polo tanto interpretábel nalgúns aspectos, como por exemplo na súa alusión ás nacionalidades e rexións. 

A partir da tentativa de golpe, as liberdades víronse reducidas, a posibilidade dunha evolución en sentido progresista e plurinacional desapareceu. O propio dereito de manifestación viuse limitado na práctica. As Cortes aprobaron a LOHAPA, Lei Orgánica de Harmonización da Política Autonómica, é dicir o café para todos. Tamén foi aprobada a Lei de Defensa da Constitución, de cariz represivo. De forma explícita ou implícita, o que se lexitimaba a partir daquel momento era unha interpretación centralista e conservadora da Carta Magna. 

Lexisladores, prensa e xuíces entenderon e apoiaron o xiro restritivo. A partir de aí déuselle rango, case de norma, ao bipartidismo. O dereito de autodeterminación, que poucos anos antes figuraba nalgunhas pancartas do PSOE, pasou a ser tabú. 

En Cataluña, o mapa de catro partidos principais viuse na práctica reducido a dous: CiU e PSOE. O PSUC, que tiña case tanta forza como os socialistas, sufriu un forte devalo. ERC, unha forza algo menor, tamén foi marxinada. 

En Galiza, os tres deputados do Bloque-PSG foron expulsados do Parlamento, mediante unha norma retroactiva, carente de base legal, pero aplicada sen contemplacións. A ANPG e a UPG sufrían dúas importantes fracturas internas, unha con base principal en Lugo e outra en Vigo e Santiago. O nacionalismo perdeu dun golpe, e nunca mellor dito, a metade da militancia. Moitos entenderon que o sistema viña de marcar os seus límites e que nesas condicións os anteriores obxectivos convertéranse nunha utopía irrealizábel. 

Nese contexto, frustrante e duro, boa parte do nacionalismo foi capaz de reagruparse e de constituír o BNG actual. O avance, con todo, resultou lento. O PSOE gañaba as eleccións e o Rei, mediante unha argucia que empeza a ser recoñecida, era lexitimado socialmente. 

Pero, a pesar dos inconvenientes, a asemblea de Riazor resultara un éxito. Altos funcionarios do Estado sorprendíanse dese rápido rexurdir do nacionalismo galego. Non entenderan que aquilo non fora só o resultado da ilusión dun grupo nutrido de militantes, senón que era sobre todo a mostra de que, en termos políticos, o país se resistira de novo a desa

Comentarios