Opinión

O PP quere controlar os órganos xudiciais cando goberna e tamén cando está no oposición

As “xogadas” vetos, escusas e chantaxes do PP para controlar o poder xudicial non é nada novo. O PP perdía o goberno en xuño de 2018, e xa co Goberno de Pedro Sánchez tocaba renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) porque o 4 de decembro dese ano caducaba o mandato. Pouco antes, PSOE e PP chegaban a un acordo en novembro de 2018 para a renovación do CXPX, que suscitou críticas internas no PP, o mesmo que nas negociacións de renovación de outubro de 2022.

Cosidó explica "una jugada estupenda"

Ignacio Cosidó, portavoz do PP no Senado, que foi Director Xeral da Policía no goberno de Mariano Rajoy, defendía ese acordo co PSOE, que cualificaba como “una jugada estupenda” nun wasap que enviaba aos compañeiras/os no Senado:

El pacto previo suponía (10 PSOE + 10 PP + el presidente (Magistrado del Supremo) PSOE=21) y sin derecho a veto de los candidatos propuestos por el otro.

= (12 jueces + 8 juristas de reconocido prestigio (JRP) + 1 presidente)= 21.

=((3 jueces PP Congreso + 3 jueces PSOE Congreso + 3 jueces PP Senado + 3 jueces PSOE Senado) + (2 JRP PP Congreso+ 2 JRP PSOE Congreso + 2JRP PP Senado + 2 JRP PSOE Senado) + 1 Presidente= 21.

Dicho de otra manera: El PP hubiera tenido 10 vocales, y el PSOE 10 vocales + el Presidente= 11.

Con la negociación, el PP tiene 9 vocales + el Presidente=10, y el PSOE tiene 11 vocales.

Con otras palabras, obtenemos lo mismo numericamente, pero ponemos un Presidente excepcional [Manuel Marchena], que fue vetado por Rubalcaba en 2013, y ahora no. Un presidente gran jurista con muchísima experiencia en el Supremo. Y además controlando la sala segunda desde detrás y presidiendo la Sala 61. Ha sido una jugada estupenda que he vivido desde la primera línea. Nos jugábamos las renovaciones futuras de 2/3 del TS y centenares de nombramientos en el poder judicial, vitales para el PP y para el futuro de España.

Lo único que puede sonar mal son los nombramientos de algunos vocales del PSOE, pero el pacto previo suponía no poner vetos a nombres, para no eternizar la renovación que tiene fecha de caducidad el 4 de diciembre. En cualquier caso sacar a de Prada de la Audiencia Nacional es bueno. Mejor de vocal que poniendo sentencias contra el PP.

Otra consideración importante es que éste reparto 50% para los próximos años, supone más de los que nos correspondería por el número de escaños o si hubiesen entrado otras fuerzas políticas.

A Sala Segunda do Tribunal Supremo, a do Penal, era moi importante porque é competente para xulgar deputados, senadores e membros do Goberno, e a encargada de xulgar o Procés, referendo de autodeterminación de Cataluña do 1 de outubro de 2017. Por outra parte, a Sala 61 é a que ten competencia sobre os procesos de ilegalidade e disolución dos partidos políticos.

Esta mensaxe de Cosidó contén as liñas xerais de actuación do PP respecto ao poder xudicial porque non transmitía unha opinión particular, senón a política decidida pola dirección nacional do PP:

- Non respectar a división de poderes e considerar que o poder xudicial é unha peza máis da súa maquinaria política, que hai que controlar “por detrás”.

- Hai que evitar que haxa xuíces (veto a De Prada) que poidan ditar sentenzas contra o PP, sobre todo en casos de corrupción.

- O reparto do CXPX é mellor facelo entre dous porque así toca a máis, evitando que tamén participen Podemos, ERC, PNV etc.

- Non só o CXPX, Tribunal Constitucional, Tribunal Supremo etc., queren controlar todo e por iso falan de que “nos jugábamos centenares de nombramientos en el poder judicial, vitales para el PP”.

Todos os medios de comunicación recollían as razóns de fondo para que o PP pechase as portas de toda negociación co PSOE para a renovación do CXPX. O mesmo día que Feijoo anunciaba pola tarde o fin do diálogo, Isabel Ayuso estaba en Galiza e declaraba pola mañá que xa comunicou a súa opinión a Feijoo. Quedaba claro que a presión dos sectores máis dereitistas do PP foi eficaz, todo isto unido a unha importante presión mediática, que Feijoo non puido resistir. Pedro Sánchez facía esta valoración: “A Feijoo le han temblado las piernas. No es autónomo. La derecha extrema le ha doblado el pulso”.

En definitiva, o PP quere ter maioría no Tribunal Constitucional cando gaña as eleccións, como en 2013 (7 conservadores fronte a 5 progresistas) e quere manter esa mesma correlación de forzas cando perde as eleccións e está na oposición, boicoteando unha renovación pendente desde hai catro anos e incumprindo a Constitución.

Comentarios