Opinión

Unha monarquía impresentábel e corrupta

Permitídeme un pouco de autopropaganda, que pode servir como breve guión para ilustrar que temos unha monarquía impresentábel e corrupta. No meu último libro Guía para non perderse en política. 120 realidades silenciadas, un dos capítulos recolle en 160 páxinas os argumentos para explicar as orixes da monarquía borbónica, o reinado de Juan Carlos I, a súa abdicación e a corrupción continuada. Vou intentar sintetizar e limítome, practicamente, a sinalar o título dos diversos apartados dese libro, con algún breve comentario.

1. O ditador Franco elixiu a Juan Carlos como o seu sucesor –“para que todo quede atado e ben atado para o futuro”– e este xurou fidelidade ao Caudillo e ás leis da ditadura

2. Juan Carlos tiña un grande afecto e admiración polo ditador e así foi recollido en diversas entrevistas.

3. Juan Carlos I e Felipe VI nunca condenaron a ditadura criminal de Franco, cousa lóxica porque foi o propio ditador quen designou a Juan Carlos como o seu sucesor.

4. Franco e o rei Juan Carlos concederon títulos nobiliarios a fascistas, golpistas e criminais, que aínda conservan porque Felipe VI non ten ningún interese na súa supresión. O concello de Sada, a iniciativa do BNG, aprobou pedir a Felipe VI a retirada dos títulos Señorío de Meirás e Ducado de Franco e o rei non contesta.

5. O rei Juan Carlos foi o inspirador do intento de golpe de Estado do 23–F. Na versión do coronel Amadeo Martínez Inglés, Juan Carlos foi un golpista falaz, felón e traizoeiro. O CESID estivo implicado no golpe dende o primeiro momento. Aínda queda moito por investigar. A versión oficial do 23–F é un conto. O rei mostrou simpatía polos golpistas. Reconverteron o golpe nun «éxito político» para a monarquía e reforzaron a imaxe do rei Juan Carlos

6. O rei Juan Carlos era o «xefe» da trama Nóos. O rei non só estaba informado dos negocios do Instituto Nóos (presentado como unha especie de ONG dedicada a proxectos sociais e sen ánimo de lucro), senón que participou activamente para que eses negocios fosen un éxito e por iso Diego Torres, socio de Urdangarín, manifestaba ante o xuíz Castro: “El jefe es el Rey”.

7. “Yo no voté a ningún rey”, dicía a camiseta que levaba o deputado Diego Cañamero o 17 de novembro de 2016 cando os reis Felipe e Letizia presidían a apertura da XII Lexislatura. Eu tampouco; por iso espero que algún día haberá urnas para que o pobo poida decidir democraticamente se quere Monarquía ou República.

8. O rei Juan Carlos nunca xurou a Constitución e nunca se fixo unha cerimonia de xuramento, como lembra Javier Pérez Royo, catedrático de Dereito Constitucional. Promulgou a Constitución con esta fórmula: “Don Juan Carlos I, Rey de España, a todos los que la presente vieren y entendieren, Sabed: Que las Cortes han aprobado y el pueblo español ratificado la siguiente Constitución”. Juan Carlos nunca considerou que a súa autoridade viña da Constitución, senón que era anterior por iso non debía subordinarse a ela.

9. O PSOE é hoxe un partido monárquico. Sen dúbida algunha é o principal sostén da monarquía, xuntamente co PP e Vox. Por iso eses tres partidos impiden que se constitúa nas Cortes calquera Comisión Parlamentaria que investigue os casos de corrupción da monarquía.

10. Temos unha monarquía impresentábel. Juan Carlos tivo unha vida pouco exemplar. Hai moitas cousas que non se poden dicir dos Borbóns. Os fondos reservados que teoricamente estaban destinados, entre outras cousas, para combater o terrorismo, foron utilizados tamén para alimentar o terrorismo de Estado, como no caso dos GAL, e para mercar o silencio de Bárbara Rey e que non desvelase as súas relacións co rei Juan Carlos.

11. Os Borbóns foron, historicamente, uns traidores. Fernando VII vende a coroa ao emperador francés e despois négase a xurar a Constitución de Cádiz de 1812. Alfonso XIII promove a ditadura de Primo de Rivera. As Cortes acusan a Alfonso XIII de alta traizón o 26 de novembro de 1931. Don Juan, conde de Barcelona, ofreceu os seus servizos ao ditador Franco. Juan Carlos foi confidente da Casa Blanca e pactou con EE.UU. a entrega do Sáhara a Marrocos e Mauritania.

12. O rei Juan Carlos abdicou para preservar a monarquía e perpetuar o dominio das forzas conservadoras, como resumía moi ben o titular do xornal El Mundo: “Una renuncia que rescató la Corona”. E resumía así o resultado final: “La operación fue un gran éxito”. A editorial dese xornal describía así a situación: “Caída en picado de la popularidad de la institución hasta los niveles más bajos de los años 70”. Había que actuar porque era “imprescindible un cambio de timón que devolviera el impulso y toda la credibilidad a la Monarqruía. Para ello sólo cabía la abdicación”.

13. Temos unha monarquía corrupta e o rei Juan Carlos fixo unha gran fortuna. O negocio dos patrocinios deportivos. O rei Juan Carlos ten amizades perigosas. O rei Juan Carlos foi denunciado pola súa implicación no roubo da colección de arte do duque de Hernani

14. A corte do rei: empresarios, banqueiros e propietarios de medios de comunicación.

15. “Los Borbones son unos ladrones”, título dun videoclip que ten total actualidade. É unha canción pola liberdade de expresión, gravada por un grupo de rapeiros no cárcere Modelo de Barcelona, despois das sentenzas con penas de cárceres para Valtònyc e Pablo Hasél.

16. Os Borbóns viven como deus. En 2017 os Orzamentos Xerais do Estado recollían unha partida de 7,8 millóns de euros para o sustento da súa Familia e Casa Real (a partida para a Familia Real foi de 662.316 euros en 2016).

17. Os Orzamentos do Estado pagaron unha casa para a princesa Corinna, preto da Zarzuela, viaxes e seguridade.

18. Os negocios de Corinna co rei Juan Carlos están moi documetnados. Corinna acompañaba a Juan Carlos nas viaxes oficiais. En 2006 cando chegan ao aeroporto de Stuttgat, “Corinna compartió incluso alfombra roja y honores militares con el rey. Y llegó a viajar, en una visita oficial a Arabia Saudí, en el mismo avión militar en el que volaron la reina Sofía y dos ministros del Gobierno. La amiga del monarca se desplazó en calidad de ´consejera estratégica´ del jefe del Estado, integrándose en la delegación empresarial que visitó junto a los reyes la capital saudí, Riad, del 8 al 10 de abril de 2006. La comitiva fue recibida en la base aérea de la capital por el rey Abdalá. Corinna acompañaba a Juan Carlos en algunos de los actos programados exclusivamente para el monarca. Por ejemplo, en su visita a la Agencia Saudí de Inversiones Internacionales (SAGIA, en sus siglas en inglés), donde el rey se dirigió a un auditorio compuesto por autoridades y empresarios de ambos países para animar a sus anfitriones a invertir en España”, como recollía Rebeca Quintáns no seu libro Juan Carlos I. La biografía sin silencios.

Patricia Sverlo (seudónimo de Rebeca Quintáns) sinalaba no seu libro Un rey golpe a golpe que os escándalos económicos salpicaron a Juan Carlos en numerosas ocasións e cita varios casos de corrupción protagonizados por empresarios ou persoas da súa máxima confianza como Javier de la Rosa ou Manuel Prado y Colón de Carvajal. Mario Conde no seu libro Memorias de un preso relata os intentos do rei por frear a intervención de Banesto e o posterior procesamento deste empresario. Cando Rumasa foi expropiada, José María Ruiz Mateos declarou que entregara mil millóns de pesetas ao rei.

Corinna daba detalles sobre a intervención do rei en determinados negocios, como recollía a revista Vanity Fair: “Los negocios en España se han hecho en los últimos 30 o 40 años de una forma muy particular. Quien quería llegar a grandes acuerdos con empresas españolas en Oriente Medio, Europa del Este o Latinoamérica sabía que la persona a la que políticos y empresarios llamaban es al rey, y el rey hacía las llamadas necesarias".

Carlos Elordi publicaba interesantes datos sobre a procedencia dos ingresos do rei Juan Carlos, no seu libro ¿Quiénes mandan de verdad en España?: “Algunas de las personas que le habían ayudado a asentarse en la corona en los momentos difíciles también gestionaron sus iniciativas en el mundo del dinero. El que más, Manuel Prado y Colón de Carvajal, cuya larga fidelidad al monarca, que ciertamente le debió de reportar grandes beneficios, le llevó en 1995 a aceptar una condena de dos años por haberse apropiado de entre 12.000 y 16.000 millones de pesetas de la familia real kuwaití a fin, se dijo, de que el Rey no apareciera como el destinatario de esos fondos. Las compras estatales de petróleo árabe, y más tarde, hace poco, del ruso, a través de la compañía Lukoil y de Corinna zu Sayn-Wittgenstein, destacan entre las actividades en las que se dice que don Juan Carlos ha ejercido funciones de intermediario desde hace décadas. Pero también se ha vinculado su nombre a grandes operaciones de inversión en telecomunicaciones, líneas ferroviarias de alta velocidad y otras.”

Hai outros moitos datos sobre as actividades do rei Juan Carlos como comisionista. A través da intermediación de Manuel Prado y Colón de Carvajal o rei Juan Carlos habería cobrado unha comisión entre un e dous dólares por barril de petróleo mercado por España a Arabia Saudita e os Emiratos.

19. A monarquía está blindada. O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) non pregunta sobre Monarquía ou República. Os medios de comunicación censuran toda a información sobre a corrupción da Familia Real. O CESID secuestra información. O Congreso non responde a preguntas comprometedoras para a monarquía. Continúan as sancións por supostas inxurias contra a coroa.

20. Por que non se informa de certas cuestións relacionadas coa monarquía? Iñaki Gabilondo diferencia perfectamente entre os intereses das traballadoras e traballadores e dos propietarios dos medios de comunicación: “El gerente y el redactor tienen un objetivo común, tener el mayor número de lectores, oyentes o espectadores; pero normalmente viven líneas de acción diferentes. En este momento, en el periodismo español, y en otros, la lógica del gerente se ha impuesto a la lógica de la redacción porque hay angustias financieras tan grandes que un porcentaje muy alto de la energía de los medios está dedicada a sobrevivir y esto provoca el desequilibrio que estamos padeciendo” (entrevista de David Sanz en El Mundo, 1-5-2017).

Gabilondo é moi comedido. Creo que as subvencións, a publicidade, etc. condicionan a liña editorial e a información, provocando que, ás veces, os medios de comunicación estean aso servizo do goberno de turno, da banca e das empresas máis importantes. Por outra parte, é unha evidencia que as editoriais, titulares, fotos e contidos responden a criterios políticos.

Caso aparte é o tema da monarquía, un auténtico tabú, que escapou de todo control e permitiu ao rei Juan Carlos actuar con total impunidade. Isto dicía Gabilondo nesa entrevista: “Evidentemente se produjo una complicidad con la Jefatura del Estado que terminó proporcionando una impunidad que no fue una buena idea, aunque en su momento formaba parte de la acción ahormada de todos para sacar aquello adelante. Se aceptó de hecho que la Jefatura del Estado abanderaba la idea de la nueva realidad democrática y todo el mundo seguía una estela de mantener la armonía y no ponerlo en cuestión. A toro pasado aquello constituyó un fallo de la acción periodística mínima del control de las instituciones”. Non foi un “fallo”, amigo Iñaki, senón unha actuación consciente, perfectamente planificada, que continúa hoxe.

Os titulares dos medios de comunicación recollían esta corrupción da monarquía:

Corinna aseguró que el rey Juan Juan Carlos la usaba como testaferro para ocultar patrimonio en el extranjero. «No porque me quiera mucho, sino porque resido en Mónaco». (La Voz de Galicia, 11-7-2018).

Corinna: «Juan Carlos ha puesto cuentas de banco en Suíza a nombre de su primo Álvaro de Orleans y Borbón». (elespanol.com, 11-7-2018).

Corinna revela que Juan Carlos I recibió 80 millones de euros por la construcción del AVE a La Meca. (publico.es, 12-7-2018).

Corinna asegura que el rey emérito ocultaba el dinero a través del «gestor financiero» de Gürtel en Suiza. (eldiario.es, 12-7-2018).

Corinna dice que el rey emérito se aprovechó de la amnistía fiscal del gobierno de Rajoy. (eldiario.es, 12-7-2018).

Técnicos de Hacienda creen que el rey emérito podría ser investigado por fraude fiscal y blanqueo. (eldiario.es, 12-7-2018).

El juez Castro: «De haber tenido la información que tenemos hoy habría llamado a Corinna como testigo» (infolibre.es, 12-7-2018).

El aforamiento blinda al rey emérito ante el TS pero permite investigarle si blanqueó tras abdicar. (infolibre.es, 13-7-2018).

El Gobierno no valora las revelaciones de Corinna sobre Juan Carlos I porque son «antiguas» y «no afectan» a Felipe VI. (infolibre.es, 13-7-2018).

Todos con Felipe VI, salvemos a Coroa!

A operación da abdicación do rei Juan Carlos para salvar a Corona ten continuidade cando o rei Felipe VI pon en escena a segunda parte desta farsa, anunciando que renuncia aos dereitos de herdanza e retirando ao rei Emérito Juan Carlos I a asignación anual de 195.000 euros dos Orzamentos do Estado. Tarde piaches! porque Felipe VI era coñecedor dende hai moito tempo, como el mesmo recoñece, de que figuraba como segundo beneficiario dun fondo offshore (Fundación panameña Lucum), con conta no banco suízo Mirabaud, na que se ingresaron 100 millóns de dolares dende Arabia Saudita e que é investigada polo fiscal suízo Yves Bertossa pola presunta relación co pago de comisións da construción do AVE á Meca. Sabía tamén que dende esa conta transferíronse 65 millóns a unha conta en Bahamas de Corinna Larsen (esta declara que foi unha doazón), e calou.

Felipe VI só toma as decisións sinaladas cando esa corrupción é destapada polo xornal británico The Telegraph, e o xornal El País informa que Felipe VI figura, segundo a xustiza suíza, como terceiro beneficiario da Fundación Zagatka, con sede en Luxemburgo, propiedade de Álvaro de Orleans-Borbón, curmán de Juan Carlos, dende a que se pagaban, entre outros gastos, as viaxes en avións privados do rei Juan Carlos por un importe de 5 millóns de euros. Por outra parte, que Felipe VI pase polo notario en marzo de 2019 para renunciar a eses dereitos de herdanza é papel mollado, non serve para nada e non ten valor xurídico porque non se pode renunciar até o falecemento de Juan Carlos, segundo o Código Civil.

Ante estes feitos, a reacción dos poderes fácticos, e case unanimemente dos medios de comunicación, foi a mesma que na abdicación en 2014: todos con Felipe VI porque hai que salvar a Coroa! Esta vergoñenta actuación de Felipe VI, ocultando ao país a corrupción, é presentada polo xornal El Mundo con este titular: “Una ejemplar decisión de dignidad real”; e que acaba cualificando a Felipe VI como “Rey ejemplar, honesto y responsable”.

Fan moi ben todas as organización políticas en centrarse agora en dar resposta á grave crise social e económica causada polo COVID-19, un virus asasino. Pero estou convencido que estarán preparando xa a resposta axeitada para que cando chegue a primavera miles de persoas tomemos as rúas baixo esta pancarta unitaria: “Non queremos unha monarquía corrupta. Galiza pola República!” Ou non?

Comentarios