Opinión

Unha monarquía caduca e corrupta

 A infanta Cristina vai declarar o 8 de febreiro como imputada polos “supostos delitos fiscais e de branqueo de capitais nos que houbese podido incorrer a raíz da súa participación na entidade Aizoon S.L”, mais non debemos esquecer o tema de fondo: hai que acabar con esta monarquía caduca e corrupta.

 A infanta Cristina vai declarar o 8 de febreiro como imputada polos “supostos delitos fiscais e de branqueo de capitais nos que houbese podido incorrer a raíz da súa participación na entidade Aizoon S.L”, mais non debemos esquecer o tema de fondo: hai que acabar con esta monarquía caduca e corrupta.

"Cristina non vai declarar voluntariamente, senón forzada por un auto demoledor do xuíz Castro, que fala de “ignorancia deliberada” e de que a infanta “mira para otro lado”.

Cristina non vai declarar voluntariamente, senón forzada por un auto demoledor do xuíz Castro, que fala de “ignorancia deliberada” e de que a infanta “mira para otro lado”. Estes son algúns dos argumentos para a imputación de Cristina:

"Parece estar claro que doña Cristina Federica de Borbón y Grecia nunca ha declarado fiscalmente dividendo alguno procedente de su participación al 50 % en la entidad Aizoon".

"Urdangarín y su esposa llevaron a cabo un reparto fáctico, fiscalmente opaco, de dividendos sobre la base de la disposición de fondos de Aizoon para atender gastos estrictamente personales de cualquiera de los cónyuges o de ambos".

"Esas sumas que sirvieron para costear gastos estrictamente personales (...) debieron haber sido oportunamente declaradas en el IRPF como rendimientos del capital inmobiliario, pero es evidente que ni don Iñaki Urdangarin ni doña Cristina de Borbón lo hicieron nunca, con lo que consumaron reiteradas defraudaciones a la Hacienda Pública".

“Las facturaciones por gastos personales de doña Crisitna con cargo a Aizoon supusieron una doble defraudación en IRPF e Impuesto de Sociedades”.

"Los delitos contra la Hacienda Pública que se imputan a don Iñaki Urdangarin Liebaert difícilmente se podrían haber cometido sin, al menos, el conocimiento y aquiescencia de su esposa, por mucho que de cara a terceros indiciariamente mantuviera una actitud propia de quien mira para otro lado".

"Doña Cristina de Borbón y Grecia ha intervenido, de una parte lucrándose en su propio beneficio y, de otra, facilitando los medios para que lo hiciera su marido, mediante la colaboración silenciosa de su 50 % del capital social, de los fondos ilícitamente ingresados en la entidad mercantil Aizoon S.L. procedentes de los lucrados por la Asociación Instituto Nóos de Investigación Aplicada de las arcas públicas de las comunidades Valenciana y de las Islas Baleares".

"O rei non só estaba informado deses negocios, senón que participou activamente para que fosen un éxito"

"Según testigos presenciales, la propia doña Cristina de Borbón y Grecia intervino de manera también directa en la contratación del personal del servicio doméstico al que anunció que, si superaban el periodo de prueba, les serán pagados sus salarios en negro".

Para apoiar a súa argumentación o xuíz Castro citaba a “sentencia nº 102/2013 de fecha 17 de abril, de la Sección 2ª de la Audiencia Provincial de Pontevedra cuando dice: Desde la perspectiva subjetiva no se requiere un conocimiento preciso del delito causa de la acción enjuiciada, sino que basta con la conciencia de la anormalidad de la operación a realizar…apareciendo comprendido en el tipo penal analizado aquellos que actúan con ignorancia deliberada”.

Ante estes datos, que figuran no escrito de 227 páxinas do xuíz, a defensa de Cristina cambiou de táctica e considerou que atrasar a comparecencia da infanta, prexudicaba os seus intereses porque na rúa a xente pensa que está a recibir un trato de favor e que tanto a Avogacía do Estado, como a Fiscalía e a Axencia Tributaria actúan ao servizo da familia real.

Desde a Casa Real difundiron, interesadamente, que o rei Juan Carlos ordenou a Urdangarín que non utilizase o Instituto Nóos (presentado como unha especie de ONG dedicada a proxectos sociais e sen ánimo de lucro) para facer negocios. A verdade é que o rei non só estaba informado deses negocios, senón que participou activamente para que fosen un éxito. Diego Torres, socio de Urdangarín, manifestaba ante o xuíz Castro: “El jefe es el Rey”.

"En conexión co rei, Urdangarín utilizou até a mesma infraestrutura da Casa do Rei para facer os seus negocios".

O sumario recolle as numerosas xestións realizadas directamente por Juan Carlos. Un correo de Urdangarín a Torres (9-8-2007) dicía: “Diego, hemos conseguido que el Rey se viera con Pedro [regatista Pedro Perelló, amigo do rei que buscaba un financiamento de 100 millóns de euros para inscribir o equipo de vela Ayre na 33ª edición da Copa de América celebrada en Valencia] para presentarle el proyecto. La reunión fue muy bien y aparte de parecerle bien armado ha ofrecido toda su ayuda para encontrar ayuda financiera”. E noutro correo (1-10-2007): “No tengo noticias de Pedro más que tu correo de la semana pasada pero...Tengo un mensaje de parte del Rey y es que le ha comentado a [la infanta] Cristina para que me lo diga, que le llamará Camps a Pedro para comentarle el tema de la base del Prada y que en principio no habrá problema y que nos ayudarán a tenerla”.   

En conexión co rei (ou é que as reunións eran clandestinas e sen permiso do rei?), Urdangarín utilizou até a mesma infraestrutura da Casa do Rei para facer os seus negocios. Tivo unha reunión co ex–presidente de Baleares, Jaume Matas no palacio de Marivent en Mallorca, para falar do patrocinio do equipo ciclista Illes Balears e conseguir uns convenios de 2,3 millóns de euros. E outra no palacio da Zarzuela (eran okupas?) con asistencia de Urdangarín, Torres, Francisco Camps, presidente valenciano, Rita Barberá, alcaldesa de Valencia, e Alberto Aza como testigo, que era, daquela, o xefe da Casa do Rei, para ultimar o negocio da Valencia Summit, que lle proporcionou a Nóos 3,5 millóns de euros.

O rei puxo tamén a disposición de Urdangarín as súas boas relacións coa princesa alemá Corina Sayn-Wittgensteinm para que o duque de Palma tivese uns ingresos extras. Tratábase de colocar ao xenro como xefe da área comercial en España da Fundación Laureus cun “sueldo que podría llegar con pluses a los 250.000 euros”, segundo un correo da citada princesa.

Juan Carlos recompensou a aqueles que engordaron a conta corrente de Urdangarín. Javier Ayuso era director xeral de Comunicación e Imaxe do BBVA e concedeu 116.000 euros a Nóos en 2005 por un ditame sobre “La estrategia de patrocinios” dese banco. Segundo informaba El Mundo de 7 de abril de 2013, o estudo non era máis que “un puñado de powerpoints lleno de perogrulladas”. O convenio, foi firmado, por parte de Nóos, por Antonio Ballabriga, amigo íntimo de Urdangarín que agora traballa como director de Responsabilidade e Reputación Corporativa do BBVA. Javier Ayuso é o xefe de prensa da Zarzuela.

"O rei puxo tamén a disposición de Urdangarín as súas boas relacións coa princesa alemá Corina Sayn-Wittgensteinm para que o duque de Palma tivese uns ingresos extras".

O rei colaboraba tamén para conseguir patrocinadores para os negocios de Urdangarín, como o proba este correo que enviaba a Torres (12-10-2007): “A ver si mañana hablamos porque es importante. SM (Su Majestad) me ha comentado un posible patrocinador y, al irme el domingo, quiero dejarlo en tus manos bien atado”. Eran as datas en que Urdangarín intentaba poñer en marcha un segundo equipo español na Copa de América. Este negocio non puido realizarse, a pesar de que, como sinalaba Urdangarín noutro correo, o rei tiña “muchas ganas de que el proyecto saliera adelante”.

Urdangarín tiña moi claro que o rei Juan Carlos podía facilitar contactos para os seus negocios. Por iso, a través da Casa Real, conseguía incluso unha información privilexiada da axenda do rei, que transmitía a posíbeis clientes. O duque de Palma enviaba en marzo de 2008 a Eugenio Calabuig, responsábel de Aguas de Valencia (este xa pagara a Urdangarín 125.000 euros nunha conta de Suíza por investigar posibilidades de investimento en EEUU, Irlanda, Reino Unido e Alemaña) un documento titulado Oportunidades de negocio en México. Dicía neste escrito: “Según nuestros colaboradores, los grandes proyectos de agua pública, desarrollos turísticos y energía eólica en México se mueven principalmente a nivel federal y, por tanto, la puerta es el mismo presidente, Felipe Calderón, con quien la Casa Real tiene muy buenas relaciones desde su visita a España”. Urdangarín comunicaba a Calabuig un dato fundamental: ”Está previsto un  nuevo encuentro con él en pocos meses en la Zarzuela”. Efectivamente, o presidente de México almorzaba co rei o 11 de xuño de 2008 e, casualidade, tamén participaron Urdangarín e Cristina.

Patricia Sverlo no seu libro Un rey golpe a golpe fai referencia a que os escándalos económicos salpicaron a Juan Carlos en numerosas ocasións e cita varios casos de corrupción protagonizados por empresarios ou persoas da súa máxima confianza como Javier de la Rosa ou Manuel Prado y Colón de Carvajal. Mario Conde no seu libro Memorias de un preso relata os intentos do rei por frear a intervención de Banesto e o posterior procesamento deste empresario. Cando Rumasa foi expropiada, José María Ruiz Mateos declarou que entregara mil millóns de pesetas ao rei.

"Os duques de Palma, Cristina e Urdangarín, non fixeron nada excepcional, senón o mesmo que fixo o rei Juan Carlos durante moitos anos: utilizar a súa posición privilexiada para cobrar comisións, facer todo tipo de negocios e amasar así unha gran fortuna"

A citada princesa Corinna daba detalles sobre a intervención do rei en determinados negocios, como recollía a revista Vanity Fair: “Los negocios en España se han hecho en los últimos 30 o 40 años de una forma muy particular. Quien quería llegar a grandes acuerdos con empresas españolas en Oriente Medio, Europa del Este o Latinoamérica sabía que la persona a la que políticos y empresarios llamaban es al rey, y el rey hacía las llamadas necesarias".

Ignacio Escolar escribía sobre o tema das comisións: “¿Cobra el jefe del Estado dinero de empresas privadas por sus gestiones a favor o en contra de una u otra operación? La pregunta es pertinente porque los indicios empiezan a ser palmarios y porque, de confirmarse, sería un escándalo difícil de justificar. Me hago la pregunta por una información que publica hoy El Mundo en su portada y que me resulta tremendamente familiar: Corinna asesoró a Lukoil ante Repsol y el Fondo Hispanosaudí. Según esa información, Corinna no llegó a cobrar porque aquella operación no salió, pero iba a comisión. Hace más de cuatro años, escribí para Público una información que cuadra mucho con lo que El Mundo cuenta hoy: que el rey estaba intercediendo a favor de Lukoil. Juan Carlos de Borbón llegó a llamar seis veces el mismo día al entonces presidente José Luis Rodríguez Zapatero para apoyar la entrada de la petrolera rusa en el accionariado de Repsol. ¿Qué interés tenía el rey en que una petrolera rusa comprase parte de Repsol? ¿Iba también a comisión, como su “amiga entrañable” Corinna zu Sayn-Wittgenstein?” (eldiario.es, 10-3-2013).

"Non entendo por que ningunha organización política presentou formalmente unha iniciativa no Congreso dos Deputados para que a Xustiza investigue os numerosos casos de corrupción da familia real"

Carlos Elordi publicaba interesantes datos sobre a procedencia dos ingresos do rei Juan Carlos, no seu libro ¿Quiénes mandan de verdad en España?, editado por eldiario.es Libros: “Algunas de las personas que le habían ayudado a asentarse en la corona en los momentos difíciles también gestionaron sus iniciativas en el mundo del dinero. El que más, Manuel Prado y Colón de Carvajal, cuya larga fidelidad al monarca, que ciertamente le debió de reportar grandes beneficios, le llevó en 1995 a aceptar una condena de dos años por haberse apropiado de entre 12.000 y 16.000 millones de pesetas de la familia real kuwaití a fin, se dijo, de que el Rey no apareciera como el destinatario de esos fondos. Las compras estatales de petróleo árabe, y más tarde, hace poco, del ruso, a través de la compañía Lukoil y de Corinna zu Sayn-Wittgenstein, destacan entre las actividades en las que se dice que don Juan Carlos ha ejercido funciones de intermediario desde hace décadas. Pero también se ha vinculado su nombre a grandes operaciones de inversión en telecomunicaciones, líneas ferroviarias de alta velocidad y otras.”

En realidade os duques de Palma, Cristina e Urdangarín, non fixeron nada excepcional, senón o mesmo que fixo o rei Juan Carlos durante moitos anos: utilizar a súa posición privilexiada para cobrar comisións, facer todo tipo de negocios e amasar así unha gran fortuna, amparado nun total escurantismo, a protección de case todos os medios de comunicación e na impunidade que lle proporciona o artigo 56.3 da Constitución: “A persoa do Rei é inviolábel e non está suxeita a responsabilidade”, é dicir, aquí a lei non é igual para todos.

Con todos estes datos, non entendo por que ningunha organización política presentou formalmente unha iniciativa no Congreso dos Deputados para que a Xustiza investigue os numerosos casos de corrupción da familia real, e que se convoque unha consulta popular sobre a forma de Estado: monarquía ou república.

Comentarios