Opinión

Despois fo falecemento de Emilio Botín: "Tu botín, mi crisis”

Pasado xa o tempo do pésame á familia, despois do falecemento de Emilio Botín, presidente do Banco Santander, é hora de falar desta personaxe como empresario e banqueiro

Pasado xa o tempo do pésame á familia, despois do falecemento de Emilio Botín, presidente do Banco Santander, é hora de falar desta personaxe como empresario e banqueiro. Ademais das declaracións de moitos dirixentes políticos e sindicais, que entran dentro do politicamente correcto, cómpre difundir cousas que aparecen pouco nos medios de comunicación porque están fóra do guión oficial e porque todos sabemos que persoas como Botín controlan ou condicionan o que se publica a través da presenza directa do seu banco nos consellos de administración de empresas de comunicación ou a través dos investimentos en publicidade.

"Persoas como Botín controlan ou condicionan o que se publica a través da presenza directa do seu banco nos consellos de administración de empresas de comunicación ou a través dos investimentos en publicidade".

Comparto plenamente o que dicía Juan Torres López, catedrático de Economía Aplicada, no seu artigo El banquero que hablará de tú a Dios: “Botín ha sido el paradigma de banquero causante de daños y de una crisis descomunal que sale de rositas de cualquier cosa que haga como muestra de que el poder es él y lo que representa, por encima de cualquier otra institución representativa. Ha sido la muestra palpable de que el sistema financiero actual y el capitalismo en general son cada vez más, o quizá ya definitivamente, incompatibles con la democracia y con la división de poderes. Ahora solo cabe esperar que Emilio Botín descanse en paz pero aquí abajo deja una estela de mal hacer, de impunidad y de crisis provocadas por la avaricia bancaria de los banqueros como él que produce sufrimiento y daño a millones de personas”. (Público, 10-9-2014). 

Os bancos e a crise

En plena crise económica as cinco principais entidades bancarias do Estado español tiveron no ano 2009 uns beneficios netos de 15.694 millóns de euros e 8.943 millóns de euros correspondían ao Grupo Santander, os maiores na historia do banco. No ano 2010 o Banco de Botín tivo uns beneficios de 8.181 millóns de euros. En 2013 a crise seguía castigando a economía das traballadoras e traballadores e das persoas máis necesitadas, mais a banca recuperaba os fabulosos beneficios de sempre e o Santander conseguías un beneficios de 4.370 millóns de euros. 

Ante estes espectaculares beneficios, o presidente do Banco Santander, Emilio Botín, destacaba, sen rubor, que eles son “los ganadores en la reciente crisis económica y financiera mundial”. Non lle faltaba razón, xa que entre 2006 e 2010 o seu banco tivo uns beneficios de 42.656 millóns de euros e os membros do seu Consello de Administración repartíronse  unhas retribucións de 1.200 millóns de euros neses catro anos, coincidindo coa crise. Con estes datos, considero moi acertado o texto dun cartel que aparecía nunha das acampadas de indignados do 15-M: “Tu Botín, mi crisis”.

"En plena crise económica as cinco principais entidades bancarias do Estado español tiveron no ano 2009 uns beneficios netos de 15.694 millóns de euros e 8.943 millóns de euros correspondían ao Grupo Santander"

Botín e o fraude fiscal

O influínte New York Times publicaba unha serie de artigos sobre Emilio Botín e o fraude fiscal, que non tiveron eco nos principais medios de comunicación do Estado español. No artigo La banca, el fraude fiscal y el New York Times, Vicenç Navarro falaba da ocultación por parte deste banqueiro e da súa familia dunhas contas secretas establecidas desde a Guerra Civil na banca suíza HSBC. Parece ser que nas contas dese banco había 2.000 millóns de euros que nunca se declararan á Axencia Tributaria. Un empregado dese banco publicaba o nome das persoas que depositaban alí o seu diñeiro, sen declaralo nos seus países, e entre eles había 569 españois (o goberno de Rajoy negábase a facer públicos eses nomes). Concluía así Vicenç Navarro: “Otra observación que hace el New York Times sobre el fraude fiscal y la banca es el silencio que existe en los medios de información sobre tal fraude fiscal. Tal rotativo cita a Salvador Arancibia, un periodista de temas financieros en Madrid, que trabajó para el Banco Santander, que señala como causas de este silencio el hecho de que el Banco Santander gasta mucho dinero en anuncios comerciales, siendo la banca uno de los sectores más importantes en la financiación de los medios, no sólo comprando espacio de anuncios comerciales, sino también proveyendo créditos –aclara el Sr. Salvador Arancibia– “….medidas de enorme importancia en un momento como el actual, donde los medios están en una situación financiera muy delicada”. (Sistema, 21-10-2011).

Ingresos, pensións e xubilacións dos banqueiros 

O grupo Santander facía públicos os escandalosos ingresos que percibiron en 2011 os seus conselleiros e directores xerais: Alfredo Sáez, conselleiro delegado ingresou 12,51 millóns de euros; Francisco Louzón, conselleiro e director xeral do banco e responsábel da división América, gañou 6,79 millóns de euros e recibiu outros 2,8 millóns pola súa prexubilación; Matias Rodríguez Inciarte gañou 6,02 millóns de euros; Ana Patricia Botín ingresou 5,01 millóns de euros e tiña unha pensión acumulada de 31,8 millóns de euros; o presidente, Emilio Botín, ingresou 4,5 millóns e tiña unha pensión acumulada até 2011 de 25,4 millóns de euros. Os 21 conselleiros do Santander gañaron 41,3 millóns de euros. Este banco pagou tamén 81,31 millóns de euros aos 21 directores xerais. (El País, 28-2-2012).

Non acababa tampouco mal o ano 2013 para os banqueiros do Santander; o  conselleiro delegado Javier Marín ingresaba 6,35 millóns, Ana Patricia Botín 4,84 millóns e Matias Rodríguez Inciarte, vicepresidente segundo, 4,77 millóns de euros. 

Os banqueiros preocúpanse polo seu futuro, con fabulosos seguros e plans de pensións. Alfredo Sáenz, vicepresidente do Santander (indultado polo goberno de Zapatero), marchaba para casa en abril de 2013 cun plan de pensións de 88,1 millóns de euros, despois de gañar 10 millóns de euros en 2009, 9 millóns en 2010, 12,51 millóns en 2011 e 8,23 millóns de euros en 2012. Francisco Louzón  xubilábase cunha pensión de 63,6 millóns de euros e Matias Rodríguez ten unha pensión acumulada de 55,9 millóns de euros.

Un asiduo da Moncloa

Emilio Botín, xuntamente con outros grandes empresarios e banqueiros, era recibido con frrecuencia na Moncloa, tanto nos gobernos do PSOE como do PP. O presidente Zapatero recibía na Moncloa en novembro de 2010 a 37 empresarios, dirixentes das máis importantes compañías do Estado, para explicarlles as reformas que o goberno do PSOE poñería en marcha. Estas compañías empregan a case un millón de persoas e a súa facturación conxunta equivale ao 40% do PIB español. 

"Emilio Botín, ingresou 4,5 millóns e tiña unha pensión acumulada até 2011 de 25,4 millóns de euros". 

Esta foi a mensaxe que estes empresarios transmitiron a Zapatero: “Que no le tiemble el pulso, que sea firme, rápido y contundente”. Tiveron a pouca vergoña de facer estas recomendacións ao presidente e de pedir sacrificios aos traballadores cando os beneficios destas empresas en 2009 foron de 42.000 millóns de euros.

A verdade é que algúns dos grandes capitalistas estaban encantados coa xestión da crise económica por parte do goberno de Zapatero porque sabían que sempre hai menos contestación social cando unha política económica de dereitas é aplicada por un goberno que se presenta coa etiqueta de esquerdas. Por iso, despois doutra reunión convocada na Moncloa por Zapatero cos máis importantes empresarios do Estado, o 26 de marzo de 2011, Emilio Botín pedía a Zapatero que continuase até 2012, acabando a lexislatura.

O mesmo que Zapatero, Rajoy recibía na Moncloa o 7 de maio de 2014 a unha representación das principais empresas integradas no Consejo Empresarial para la Competitividad. Aplaudían a política económica do goberno do PP e insistían na necesidade de aprofundizar nas reformas, é dicir, nos recortes sociais. Alí estaba Emilio Botín, como presidente do Banco Santander, que resumía moi ben o espírito dos grandes capitalistas: “Voy a felicitar a Rajoy por lo bien que lo está haciendo”. Outra cousa ben distinta é o que opinan os traballadores: “Tu Botín, mi crisis”.

Comentarios